Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baltar

lunes, 01 de febrero de 2010
Baltar Estaba cantado: O encanto de Baltar ten conquistado ós ourensáns, e se o partido que representa nesa provincia estima que é o momento de que se xubile políticamente, a traxectoria e influencia permitiulle elixir o seu sucesor, que posiblemente terá menos poder na provincia pero ven de arrasar nas primarias recentemente celebradas na capital das terras do ouro.

Pode andar Baltar na idade da xubilación segundo as contas que está a botar o goberno da nación, pero xa se sabe que o tope legal senior non significa case nada para o que está en plenitude de facultades e acredita experiencia e boa man para controlar políticamente un territorio provincial ata o punto que lle chaman “barón” como se a “baronía” fose unha demarcación política.

A verdade é que o novo Baltar apunta boas maneiras e despois do desempeño de cargos político-administrativos na provincia de Ourense está xa no Parlamento de Galicia en lugar ben destacado, ó que agora sumará a responsabilidade de organizar políticamente o PP en Ourense de xeito que siga a ser a forza preponderante na provincia, incrementando o caudal político que recibe.

Que eso non significa que Baltar senior vaia deixar a política activa, vaia deixar de presidir a Deputación, ou vaia deixar de controlar os fíos do poder no territorio provincial. Significa que ven de revalidar o seu poder, de situar no punto culminante a súa carreira política e garantir que o seu pensamento segue vixente cando pode colocar un delfín -que outros non acertaron a ter- que siga os seus pasos. Que aínda que os pasos non camiñen exactamente pola mesma liña de puntos e se permita buscar novos camiños sempre terán a marca da casa do home que só ante o perigo (político) conseguíu impoñer a súa lei.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES