Os Ni-Ni
Cardalda, Theo - lunes, 01 de febrero de 2010
Desde o Preguntoiro: Os Ni-Ni
Os Ni-Ni é unha tribo que está xerminando neste país como cogomelos. Son xoves, teñen entre 17 e 22 anos e algúns chegan aos trinta, teñen todo o tempo do mundo, moitísimo tempo libre, Ni estudian Ni trabajan.
Asemellan máis ben a unha mascota na casa que a un ser humano, sempre están de mal humor coa familia e esixen a comida, a súa roupa e o seu diñeiro. Saen cando queren, veñen cando lle ven en gana, non saben facer algo que non lles satisfaga e dormen ata a hora que lles pete. Están moi cómodos desta maneira.
Neste intre coido que estase a converter nun problema para a sociedade e para os pais que aturan a estes fillos.
O meu punto de vista ante esta tribo pode ser dabondo moi dura, pero é o que merecen, o digo por coñecer de primeira man unha destas mascotas. É unha xeración que carece dos valores máis fundamentais para unha boa andaina da sociedade, son uns egoístas, intolerantes ante os seus caprichos e o máis preocupante destes xoves son as súas actitudes ante a vida, xa que non se cuestionan ren de ren e son incapaces de facer algo altruísta. Parece que só teñen dereitos e non teñen obrigas.
Porén, este produto dos NI-NI son o evidente resultado dunha crise de institucións cómo a familia, que ten a súa orixe nestes últimos vinte anos dun neo-libaralismo salvaxe e crise global, cunhas relacións sociais dentro dun sistema consumista e económico. Cando todo isto falla entra en crise os valores. Iso é o que está pasando e non temos unha cura máxica para resolver este grande problema. Para comezar tiñamos que apagar a tele e acender o cerebro e revolucionar a próstata mental. Ou sexa, poñerse as pilas e dar exemplo a estes parasitos que aínda nós con 50 ou 60 anos temos soños utópicos revolucionarios de cambiar o mundo, quizais pouco podemos facer, pero si motivar.
Cómo dicía aquel gran mestre Paulo Freire: Decir que los hombres son personas y como personas son libres y no hacer nada para lograr concretamente que esta afirmación sea objetiva, es una farsa. Esta nova tribo son uns farsantes, son o inmobilismo personificado dunha xeración marcada pola crise de ideais.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora