
O seu nome era Manuel Arias Casanova, pero todos o coñeciamos como Manolo Casanova, ou mellor aínda, Casanova, que era á vez nome da persoa, nome da empresa, nome de traballo, nome dunha idea; perfecta identificación dun home, da súa obra e da súa familia.
Era un home feito a sí mesmo, desde a base. Que dedicou a súa vida a traballar, a cumprir un soño, a conseguir o mellor para todos os seus.
Todos puidemos comprobar o amor infinito pola súa nai, a Señora Estrella (non cheguei a coñecer a seu pai, morto moi novo); a unión inquebrantable cos seus irmáns -Pepe, Lucho, Mario- e as súas respectivas familias. E cando formou familia propia, hai case medio século, co amor da súa vida, con Carmiña, sellou para sempre un destino, andando xuntos un camiño de traballo animado pola ilusión, pola superación, pola creación e desenvolvemento dun grupo de empresas, e polo xeral recoñecemento da persoa e da súa obra.
Tiveron a sorte Manolo e Carmen de ver que os esforzos teñen compensación; de contemplar como os seus fillos Óscar e Néstor seguían o camiño de seu pai no goberno das empresas, de que formaban as súas propias familias respectivas con Carmen e Ana, e que nacera unha nova xeneración os dous primeiros netos, Rafa e Martín- dos que Manolo puido gozar coa tolemia que sólo os avós sabemos demostrar.
Un, que anda por este mundo lucense nun sen fin de cousas, puido comprobar os numerosos amigos que ten Manolo Casanova, o respecto que lle ten o mundo comercial, incluso os competidores; o prestixio personal e profesional conseguido nos bancos, nos proveedores, nos traballadores, nos clientes...
A palabra de Manolo era como unha escritura. Na firmeza, na constancia, na honradez, era como un empresario dos de antes, dos de hai un século; unha institución. Pero na visión comercial, na ilusión, no traballo, no dinamismo, era como un rapaz de vintepoucos anos que acaba de chegar ó difícil mundo dos negocios coa necesidade, coa seguridade, coa ánsia de comerse o mundo.
Posiblemente nunca lle dixemos esto en vida a Manolo Casanova. Por eso entendemos que había que decilo agora, neste momento en que vive en todos nós, para que non se nos olvide que tivemos connosco un home de empresa, un home de familia, un loitador que conseguíu sair da nada material e chegar ó máis alto do mundo da empresa; posiblemente -¡seguro!- porque tiña unha infinita ilusión, unha inabarcable capacidade de traballo, e unha familia inmensa no tamaño e na intensidade que, visto está, é a súa maior riqueza, o seu maior triunfo.
Descansa en paz, Manolo Casanova, que se o corpo se vai, o espíritu e a idea quedan connosco.