Parvadas en varias linguas
Pin Millares, Xosé María - viernes, 29 de enero de 2010
Días pasados aparecía en El Faro de Vigo un escrito baixo o epígrafe "¿Qui prodest?" asinado por dona Corina Porro. Non vou entrar no contido do mesmo, seguramente moi importante, senón na utilazación dese recurso, supoño de reforzo e argumento de autoridade, da frase latina: Cui prodest ou quid prodest? O texto aparece con frecuencia en Cicerón, sobre todo nas Catilinarias, pero de forma gramaticalmente correcta, de tal maneira que tal como aparece na edición de El Faro de Vigo non ten sentido, e inintelixible, tería que ser Cui prodest? ou quid prodest, ¿a quen interesa? ou na forma neutra "quid", de qué serve? ou para qué serve?.
Moitas veces os políticos son mal falados, falan mal, menten e case me atrevo a dicir que escriben peor e cando botan man de recursos retóricos son un desastre, porque culturalmente non superan os coñecementos medios dun Graduado Escolar. Se o que escriben ou sobre o que falan expresa o coñecemento que teñen sobre a materia estarían moito máis guapos caladiños. Logo veñen dicindo que os entenderon mal, que non querían dicil tal cousa, desculpas de mal pagador.
Precisamente nestes días o señor Conselleiro de Cultura, tamén anda a se desculpar dunhas afirmacións que fixo sobre a cultura galega, e iso que din que é un home moi sabido, fala cinco ou seis linguas, claro que este dato non acredita gran cousa, pois, xa dicía don Manuel Azaña, respecto a don Salvador de Madariaga que era capaz de dicir parvadas en sete idiomas, aínda que Madariaga, si que era home culto.

Pin Millares, Xosé María
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora