Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O altar das miñas zocas

jueves, 28 de enero de 2010
O altar das mias zocas Teño para min que aos meus entregos, aos remotos, non lles foi difícil pasar das follas de parra, da súa vitis vinifera paradisíaca, ás pelellas dos primeiros animais comestibles por eles sacrificados, pero… ¿o de calzarse? Xa sabemos que tamén empezaron coas peles, enroscadas ao pé, e atadas, seguramente, cunhas corras de salgueiro, séxase de Salix, que abundarían naquelas humidades da Mesopotamia, se é que alí comezou a humanidade, aínda que teño por máis probable que aquel paraíso o tivesen neste Fisterrae do mundo primitivo, ou logo, ¿por qué se lle chamou así ao noso país, desde sempre, antes xa dos romanos, aquel Hannón dos periplous, aquel que subiu polo Miño arriba, e que, de visto o noso paraíso deuse por satisfeito, e morreu de gozo, en pleno clímax, exclamando: ¡Jahvé, xa que os deste paraíso emigraron, todos, a feito, en busca de aventuras, cambiando o rabo polo cu, eu tomo posesión deste río, que é meu, miño, miño, polos séculos dos séculos, amén!

O de calzarse con xeito, quere dicirse, con zocas, non lles foi posible, e iso que todo por aquí tiñan betulas a granel, desde o mar ata Fonsagrada, en tanto en canto Tubal Caín, non descubriu o ferro, e co ferro, o aceiro, e cos aceiros afiados e retortos, as trades. O proceso foi longo, así que, chegar a unhas zocas custoulle á humanidade media eternidade, ¡como para que este homo sapiens do século XXI as desprece! Eu, polo contrario, ¡será porque son do XX!, adóroas, pois grazas a elas, á súa labra e á súa venda, cheguei a ter catro cobres, catro cadelas, no peto, ¡miñas, tan miñas como foi o Gran Río para aquel Hannón!

Agora que temos tantos baleiros por culpa da retirada dos deuses da guerra, don Hermenegildo, no Ferrol, Millán Astray, na Coruña, etcétera, ¿non sería a ocasión de erixirlles unhas efixies aos zoqueiros, deuses da paz, deuses do avanzar pacífico e confortable? Este servidor comezou dando exemplo xa que entronicei as miñas zocas, as últimas que fixen pois das primeiras só teño un recordo, iso si, definitivo, nos calos dos meus pes: ¡Aquí as tedes, que igual serven de modelo se a crise económica nos obriga a volver sobre os nosos pasos, sobre os pasos mal dados!

¿Alguén fixo outro tanto pola saúde e polo confort da xente deste país ao que chamamos Galicia? Coido que non; así que, daquela, polo que a min toca: ¡Gloria aos zoqueiros da Gallaecia!
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES