Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Benquerida Laura

Piñeiro, Antonio - miércoles, 27 de enero de 2010
Benquerida Laura:
(01/09/2009)

Son consciente de que, por desgracia, xamais terás oportunidade de ler esta carta.

Malia todo, quero escribircha igual, porque escribíndocha a ti tamén llela estou dirixindo a tódalas rapaciñas da provincia que andan máis ou menos pola túa idade, a mesma pola cal -ano enriba, ano embaixo- tamén andan as miñas fillas.

Como tódolos ourensáns –como tódolos pais- que seguimos dende a distancia a información que a túa desaparición xerou ó longo da última semana, desexaba con todo o fervor que me cabe dentro que algún boletín horario me dera a boa nova da túa aparición, consciente, sen embargo, de que o cálculo de probabilidades de que iso acontecera minguaba co mesmo paso das horas e coa puntual aparición dos rastros que lle foron marcando ós investigadores o tráxico devalar dos teus últimos minutos de vida.

Por iso cando, o pasado sábado, un fotógrafo deste xornal me dixo que tiña que ir a Toén porque acababas de aparecer, nin sequera lle preguntei cómo, nin de qué xeito, sabedor de que a traxedia cumpre inexorablemente os seus máis negros agoiros.

Escríboche, pois, malia que non teñas xa a oportunidade de me ler, porque escribíndoche a ti estoulle escribindo tamén a tódalas fillas que camiñan por esa fermosa idade por onde o ser humano transita sobre as nubes da felicidade completa.

E escríboche para pedirche que dende alá dende onde esteas mires sempre por elas. Que te convertas no facho que as ilumine cando os pasos da noite –tan fermosa como falsaria- as coloque a carón dalgunha hiena coma a que acaba de deixar á túa familia sen entrañas.

Ensínalles a detectar o insoportable fedor que identifica a estas indesexables alimañas, por moito que vaian vestidas de domingo, viaxen en coches de marca e anden coa cresta engominada.

Ensínalles que non se lles pode facer unha concesión sequera. E que, ó primeiro cheiro a rata, o que hai que facer é correr a voz para que non teñan ningún refuxio onde agachar as súas asasinas mañas.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES