Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No cine

viernes, 29 de enero de 2010
Mentras os festivais cinematográficos rexistran cada vez máis atención por parte do público, durante o resto do anos os cines esmorecen por falta de espectadores, aparecen e desaparecen salas ou pantallas, e todo se concita para combatir aquel vello costume do cine nas fins de semana e durante esta cando as posibilidades económicas o permitían.

Na actualidade, o cine loita contra todo e contra todos para pervivir, tendo como principal competencia a oferta televisiva, as películas en Dvd, os espectáculos, a música, e ata as comodidades das vivendas actuais. Diante de tanta dificultade para introducirse, plantearse que o cine se doble ó galego parece unha utopía.

E sen embargo en países como Cataluña seguen a pensar que o cine é un motor decisivo para o idioma, e veñen de aprobar un proxecto de Lei do Cine polo que se obriga a doblar ou subtitular en catalán o cincuenta por cento das copias das películas que se distribúan naquel territorio autonómico. Supón unha revolución na distribución do cine se se ten en conta que durante 2009 só o 2,9% das películas se doblaron ou subtitularon en catalán.

Posiblemente moito do labor político se plantea na utopía, abordando os temas na medida das posibilidades. E cando máis alto se poña o listón, máis posibilidades hai de conseguir resultados. Neste caso, mesmo en Cataluña -comunidade á que hai que recoñecerlle intención e forza na promoción do idioma- parece florecer a utopía nun planteamento de fins de difícil consecución.

Poñéndonos na realidade diaria do cine en Galicia, a utopía parece aínda máis grande pensando nunha posibilidade así. Pero algún día haberá que plantealo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES