Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pemes que morren

jueves, 28 de enero de 2010
Os que entenden da economía real do país, afirman que as Pemes -pequenas e medianas empresas- son as máis importantes para o tecido empresarial e para a creación dos postos de traballo xa que non só crean o maior número senón que tamén son as máis seguras na súa conservación e impulsión.

Unha gran empresa pode xerar numerosos postos de traballo, pero o número de grandes empresas é reducido e, no caso de que vaia mal, o impacto da perda dos postos de traballo é moito máis forte.

Pois a crise actual estanos dando a medida de por onde está a sociedade a sufrir os efectos máis importantes destes desaxustes financieros cando resulta que en 2009 España perdeu o cinco por cento de todas as súas pequenas e medianas empresas.

No remate de 2009 existían en España algo máis dun millón e cuarto de pemes -1.264.689 empresas- pero durante o ano pecharon 67.303. O dato foi facilitado por Cepime en base ás inscricións e desaparicións de empresas rexistradas na Seguridade Social.

O maior número de desaparicións rexistrouse na construcción, xa que prácticamente a metade das empresas desaparecidas son dese sector, seguido pola industria e os servizos.

Segue a construcción a vivir malísimos momentos, despois de ter sido -natural ou artificialmente- motor do noso desenvolvemento durante moitos anos e mascarón de proa de toda actividade económica.

Que morra unha peme é un mal síntoma, pero hai que recoñecer que esta sociedade nosa ten abonda capacidade de rexurdir e as empresas volverán nacer (estas ou outras) en canto a situación se note que mellora. Que a destrucción de emprego e desaparición de empresas foi máis lenta no segundo semestre de 2009 que no primeiro, pero que sexa menor a velocidade de desaparición-destrucción non debe consolar a ninguén. Cada Peme que morre é un drama empresarial e varios dramas laborais. Agardemos unha consolidación económica, reforzamento das pemes e garantía dos empregos aínda que todos os augurios sexan contrarios a unha melloría económica dentro do presente ano.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES