Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fitur

lunes, 25 de enero de 2010
O turismo move multitudes do mesmo xeito que a fe move montañas, e se de sempre a xente viaxou polos máis diversos motivos, o turismo como fenómeno de masas foi maior de idade no século XX e consolídase definitivamente a comezos do século XXI.

En Madrid estase a celebrar a que se considera segunda feira do turismo en todo o mundo, a primeira decididamente no noso ámbito, que constitúe unha cita anual para operadores turísticos de todos os paises que acuden a España como nación que soubo como poucas aproveitar este fenómeno económico e social.

Trinta anos leva Fitur sendo escaparate das nosas potencialidades, e sinal da importancia que se lle da á celebración é que a Feira foi inaugurada polas SSMM Os Reis, co que unha presidencia trae consigo, que do Rei abaixo todos loitan por conseguir figurar ou, o que é o mesmo, saír nas fotos.

Galicia tivo presencia institucional nesta Feira como é lóxico precisamente nun ano coma este no que o Xacobeo ten que ser para este país unha taboa de progreso polos millóns de persoas que con este motivo nos visiten. E aínda que agora xa todos os anos son xacobeos polo afianzadas que están as rutas dos camiños a Compostela, a ocasión que este ano de crise nos vai deparar é para que sexa aproveitada en todas as súas potencialidades.

Ten Galicia elementos abondos para figurar en lugar de honra en calquera manifestación turística, pero aí quedan tres para a historia e para o futuro: Santiago e o Xacobeo, a Torre de Hércules e a Muralla de Lugo.

Como todo o mensurable relativo á economía, Fitur baixou -un trece por cento- en relación coa anterior celebración. Pero aínda así é unha das mellores feiras do mundo e seguro que a nosa presencia nela vai ser para todos nós, para Galicia, ocasión aproveitable e aproveitada para que este ano se produza a definitiva impulsión do concepto xacobeo en todo o noso mundo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania