Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre estamos en tempo de Advento

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 29 de noviembre de 2026
DOMINGO 1º DE ADVENTO (B).-Is 63,16b.17.19b-64,2b-7.- Sal 79 (80).-1Cor 1,3-9.-Mc 13,33-37

• Ti es o noso Pai. Nós somos o barro e ti o oleiro, pois obra das túas mans somos todos nós ((Is 64,7)

• Non paro de lle dar grazas a Deus pola graza que se vos deu por medio de Cristo Xesús ( 1Cor 1, 4)

• Estade a espreita e atentos que non sabedes cando será o momento(...) no que chegará o amo da casa (Mc 13,33.35)

SEMPRE ESTAMOS EN TEMPO DE ADVENTO, DA CHEGADA DE DEUS ÁS NOSAS VIDAS,
SEXAMOS INTELIXENTES PARA ABRIRLLE AS PORTAS


1. Eu non espero un Mesías
que amañe os descontentos,
con poderes milagrosos,
que nos faga ser perfectos.

2. Mais si conto coa visita
de Cristo co seu Alento,
que co Pai-Nai, Deus glorioso,
me anime en ser verdadeiro.

3. Alento e forza divina,
entraña do Deus eterno,
que se ofrece nos encontros
coa bondade e os pequenos.

4. Que nos pide valentía
para vivir o evanxeo,
sen quedarmos coma xordos,
ante os pobres e os lamentos.

5. Sempre no medio da vida,
sempre invitando ao respecto,
sempre comprendendo moito,
sempre chamando a bos feitos.





6. Onde haxa escura ferida,
tanto lonxe coma preto,
se alivio damos e apoio,
no bo Alento medraremos.

7. Non nos librará nun día
das inxustizas e os medos,
mais ha dar paz, xeneroso,
se andamos nese proceso.

8. Deus non ven na ideoloxía
pechada no pensamento,
o Deus vivo ven cos outros,
só con eles nos facemos.

9.Por iso Cristo, se avisa
que vixiemos atentos,
é porque ven con mil rostros,
dos propios e dos alleos.

10. A súa verba e xustiza,
hanos guiar para sermos,
con el, irmáns vitoriosos,
sendo con el tamén servos.

¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES