Entre a claridade floto
Yllade Ramil, Gemma - viernes, 27 de noviembre de 2026
entre a claridade floto
sera que este agosto
teña a imaxinación dun fósil
enterrado baixo terra
encho o vaso medio baleiro
para encherme a barriga de sensacións
con éxito bebo uns grolos
e as larvas de bolboreta comezan a moverse
lentamente
como quen aprende a facer patinaxe ou andar en bicicleta
entre a claridade floto
respírase o mofo das pedras molladas
e eu inhalo o aire sen esperar nada
mais que palabras e mais palabras
que se coan nas físgoas claras dunha greta no chan, a medio paso
intermitente busco a miña espada
e atópoa pero estaba ben escondida
sobre un berce impregnado en nanas aínda
sosteño a espada mentres as nanas soan
e quédome durmida a soñar o que sempre quixen ser
porque dentro da miña ser habita moito po
que non se atrapou en ningún dos casos
e podo seguir contando ata cen
que mañá non sei se morrerei
a miña pel ábrese paso cara a un novo horizonte
e múdoa aínda que me axudo con cautela a desprender as escamas que me apertan
as mesmas que ocultan segredos gardados e non contados que nin eu sabia que existisen
miúdo asombro
e na levidade sostéñenme os vagalumes da noite
para non contarme mais reproches
e quedarme suspendida no aire
como a folla dun castiñeiro
ata caer ao chan e mudar de pel outra vez
achégase o outono

Yllade Ramil, Gemma
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora