Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta dunha nai ao seu fillo maltratador

Pol, Pepe - viernes, 27 de noviembre de 2026
Estaba un maltratador na gaiola, o sitio onde merece estar quen maltrata. A súa nai co corazón escachado pola dor foi visitalo ao cárcere. Ía a ese lugar polo deber de nai pero coma muller non desexaba ver a ese monstruo. Entón co seu rostro cheo de bágoas dirixiuse ao garda que estaba na porta do presidio dicindo:
- "Bo día, teño ao meu único fillo, persoa na que tiña depositada toda a miña confianza e amor, aquí engaiolado porque maltratou á súa compañeira sentimental. Viña coa intención de velo e darlle unha aperta pero como muller non podo, por iso, agradeceríalle moito entregara a ese depravado ser esta carta."
O centinela comprendendo a situación contesta:
- "Señora, teño que consultalo co meu xefe. Agarde, por favor, aquí un intre."
Marcha e en poucos minutos retorna dicindo:
- "O alcaide acepta pero debe abrir a carta e lerme o seu contido."
A muller toma asento na cadeira que lle ofrece o garda e comeza a lectura da epístola:
- "Fillo, vergoña teño de que o meu sangue estea mesturada coa túa, nunca pensei cando eras cativo que aquel neno polo que o teu pai mais eu traballamos para sacar adiante naqueles anos de pobreza, ese, sería cando maior un terribel maltratador. Grazas dou que o meu home, o teu pai, marchou do mundo sen ter que vivir estas actuacións túas, ese comportamento de animalidade e salvaxismo, porque morrería coa pena coma estou morrendo eu. Ti estás nesta cárcere pero a min pechásteme ti na miña mesma casa. Non quero sair á rúa, non desexo ver a ningunha veciña. Matas de tristura a túa nai. Nunca pensei que mallarías a unha muller. Non quero recoñecer que parin tan abominabel ser. Xa pedín perdón a túa muller e a súa familia e para ti desexo ca xustiza descargue todo o castigo que merecen persoas coma ti. Fóra da sociedade e por suposto fóra da nosa familia. Dígoche que é mellor que nunca saias de entre estes muros e se saes, si aínda vivo, non veñas xunto de min. Xa non eres o meu fillo. Todo aquel que maltrata a unha muller maltrata a tres directamente, a vítima, a súa nai e a quen, coma eu, trouxo ao mundo á persoa que en vez de ledicia aporta as maiores tristuras. E tamén está maltratando e ofendendo a todas as mulleres, por iso, que todo o peso da lei caiga sobre ti, maldígoche maltratador. Me despido non con apertas e besos, o fago cun non quero volver a ver na miña vida a un depredador, un inimigo das mulleres. Dígoche, mala centella che mate!!".
Tremendo, parou de ler e o carceleiro ofreceulle uns panos de papel para enxogar as bágoas que saen dun corazón feminino fondamente ferido.
Marchou aquela nai que queda para sempre sen un fillo que morreu no seu corazón ainda que para a vida estea vivo.
Levaron a carta ao preso dicindo:
- "Tes carta doutra muller que queda ferida de morte, a túa nai."
Nada dixo porque nin el nin ninguén ten argumento para defender o indefendibel, o maltrato.
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES