Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Forzas Armadas e eleccións

Maceira, Francisco - jueves, 26 de noviembre de 2026
Aproveitando os últimos días da lexislatura, o goberno ten previsto ampliar os días de permiso por falecemento dun familiar ou para a prestación de coidados paliativos. Os partidos de dereitas e os empresarios non están contentos con isto, veno como unha perda de ingresos máis. Nós, os pobres, temos a mala costume de enfermar -ou mesmo morrer- durante o horario laboral.

Costaríalle a un atopar algún avance real que a dereita lle achegase ó noso país. E deixemos de lado os vellos mitos sobre a Seguridade Social ou os encoros de Franco. Por iso preocúpame profundamente que case a metade dos meus compañeiros de profesión teñan a intención de votar por VOX, e un 30% polo PP. Unha nación non se defende simplemente ondeando bandeiras. Paréceme moito máis patriótico dedicar tempo a coidar dun familiar nos seus últimos días que levar unha pulseiriña coas cores vermella e amarela. Un accesorio pouco axeitado para traballar na mina, na construción, no mar, na sanidade, na agricultura...

Os discursos de Feijóo e Abascal -repletos de demostracións de "firmeza", camisas axustadas e ráfagas de CETME- buscan espertar o noso entusiasmo. Non hai nada coma un chapeu de conquistador para facernos soñar coa potencia militar que noutrora fomos. Apelan ó patriotismo. Pero tan patriotas non deben ser cando, no seu día, valéronse da súa posición social e das súas amizades para librarse do Servizo Militar Obrigatorio.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES