Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Agardando pola autovía

jueves, 21 de enero de 2010
Eu creo que cando se plantea unha obra, os redactores do proxecto e os políticos que a promoven saben que de ningunha maneira se van cumprir os prazos que anuncian, pero comprenden que a mesma satisfacción xenerada pola obra, logo da obra en marcha e finalmente da obra rematada farán olvidar calquera promesa inicial ou durante o proceso, e o que vai importar en definitiva é disfrutar da obra feita.

Eso ven ocorrindo case sempre. Pasou coa Autovía Madrid-Coruña, antes coa Nacional VI, e antes con outras moitas iniciativas.

No caso que nos ocupa -Vilalba sempre- é a obra da autovía entre Ferrol e Vilalba, soñada hai moito templo, planificada hai máis dunha ducia de anos, e con sucesivos retrasos algúns deles derivados das dúbidas de quen era o organismo, a Administración, que debía afrontar esta obra que se considera vital para a promoción dunha ampla comarca necesitada de impulso económico que se entende está vencellada á disposición dunhas comunicacións como as que van enlazar Vilalba coa costa lucense, coas Pontes, con Ferrol e co sur de Galicia.

Non axudou, pois, a lentitude oficial no planteamento da obra, pero resultou ben que todo o proceso fose anterior á crise, que agora mesmo podería ter importantes dificultades unha obra coma esta. E tampouco axudou para o cumprimento dos prazos o tema orográfico que obrigou ó selado de taludes, nin os últimos rigores climatolóxicos, que segundo o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras tamén provocaron retrasos na posta en marcha do último tramo desta obra, que vai desde Cabreiros a Vilalba.

Na festa de Santa Cecilia, en Vilalba, alguén ben enterado da situación aseguroume que a obra ía entrar en funcionamento o vinteoito de decembro, recalcando que non se trataba dunha inocentada senón que así estaba previsto.

Non foi así, e a nova data prevista quedou fixada para o mes de xaneiro, do que xa temos rebasado a metade.

Agora, o Conselleiro confesa que aínda haberá que agardar unhas semanas para que entre en funcionamento unha vía que agardamos como auga de maio, porque para saber o que podemos esperar dela non hai máis que ver os tramos que xa están en funcionamento e o suplicio que supón recorrer os arcaicos camiños que levan á autovía e ó futuro.

Pero volvo ó suposto inicial de que sexa cal fose o proceso, ó final vale a pena agardar porque o resultado vai compensar de todas as esperas. E a esperanza é grande, así que teñamos a espera en paz pensando que xa case se pode cuantificar en horas a distancia que nos separa da entrada en funcionamento da soñada autovía que nos achegue definitivamente a todo o noso contorno xeográfico.

Valerá a pena, así que -aínda a distancia- démoslle a benvida á nova Autovía Ferrol-Vilalba, que está aí, ó alcance da man.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES