Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fuxida a tempo

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 26 de noviembre de 2026
Esta é outra historia de amor, pero desas historias de amor que coido que fan más ben rir que meditar ou chorar, si... pode facer chorar, pero de risa.

Fai moitos anos, apareceu en Foz unha muller que estaba recentemente casada. Era unha muller moi traballadora, agradable, simpática e con un recoñecido don de xentes.
Foron pasando os anos e a vida desta muller no entorno matrimonial non ía moi ben e decidiu divorciarse e así o fixo.

Esta muller, seguiu a súa vida totalmente normal, pois en realidade casada sen home estaba, e de divorciada, sen home seguía estando, e así lle foron pasando os anos.

Pero un día, coñeceu a un home, máis ou menos da súa ideade e nas súas circunstancias. Este home era moi bo mozo, alto, ben plantado e segundo a min se me contou, era boa persoa e moi agradable. Trataba a esta muller como unha rosa, desvivíase por ela e queríaa con tolemia.

Xa vivían xuntos e no entorno do fogar, el axudaba no que podía, aínda que non estaba moi preparado nos quefaceres da casa, pero ela guiábao nos asuntos caseiros e así foron tirando durante bastante tempo.

Un día en que estaban os dous xuntos, el comentoulle a ela, se non lle importaba que de alí a dous días, fose cuns amigos a un bar de Foz para ver un partido, deses partidos tipo Barça - Real Madrid que se xuntan para velo tal e como se estiveran no propio Bernabeu ou no Camp Nou.

Ela non lle respondeu á pregunta, pero el tampouco non quixo volver a preguntar, pois quen cala outorga, ou iso din.

Como el estaba pre xubilado, sempre se levantaba da cama uns minutos máis tarde que ela, así é que, ao día seguinte de facer a pregunta á que ela non respondeu, el levantouse da cama e despois de ducharse e vestirse, foise á cociña para tomar o almorzo e observou unha nota escrita sobre do moble, a nota dicía: "Se mañá te vas a ver o partido cos amigos, xa podes coller hoxe a maleta e liscar da casa". Claro está, a casa era propiedade dela.

Aínda que el tamén tiña chave, non era preciso pechar con ela, pois tan só con tirar da porta, a casa quedaba pechada, polo que, ao chegar ela a mediodía á súa casa abriu a porta e o papel que lle había deixado a el sobre da mesa, estaba no mesmo lugar. Estrañada, pensou se aínda estaría na cama, pero foi mirar á habitación e observa perplexa que nin está el, nin a maleta nin rastro del, liscou da casa tal e como ela lle pediu e ata hoxe.

Non diredes que el non foi obediente?.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES