Plan Turístico
Fernández, Suso - jueves, 21 de enero de 2010
Nalgunha outra ocasión temos referido cómo hai 50 anos, co apelativo de Mancomunidad Turística de la Costa Lucense, se creara o primeiro órgano que nacía baixo o impulso da recoñecida necesidade de aglutinar os esforzos dos distintos concellos en aras da potenciación do turismo na nosa bisbarra para o que esixía, en primeiro lugar, dala a coñecer. O primeiro que entón se fixo foi acuñar o slogan, modalidade tan en boga daquela, que a identificaría: La Costa de las Mil Playas; as actitudes ultralocalistas sempre vixentes nos distintos representantes municipais, a carencia de ideas e os depauperados medios económicos e tecnolóxicos daqueles tempos, foron os atrancos maiores para que a feliz iniciativa seguese rumbo a bó porto. Transcurridos anos, e dun tempo a esta parte, de vez en cando os xornáis dan noticia de proxectos que conducen ó mesmo fin, pero que nunca se levan a cabo: os nosos políticos e gobernantes amosan unha permanente incapacidade de acción. Para percatarse delo basta só dar unha ollada mínima á hemeroteca: Un consorcio se hará cargo de la promoción turística de A Mariña (5-3-04). Los ayuntamientos ultiman una asociación de desarrollo turístico (23-12-04). AG encargarase de facer as xestións para a creación do consorcio (1-2-05). Los concellos prometen agilizar la asociación mariñana de Turismo (7-2-05) La creación de una asociación con empresarios y concellos facilitará la llegada de turistas (29-1-05). El alcalde de Viveiro capitanea un proyecto de promoción de toda la zona con la aplicación de nuevas tecnologías (12-2-05)
e poderíamos seguir longo e tendido. ¿Qué se fixo de todo esto?: absolutamente nada. A eso chámase eficacia na xestión. Días pasados os xornáis difundían a nova: A Xunta anuncia un Plan para impulsar o despegue turístico da Mariña Pois benvido, aínda que a experiencia acumulada nos obrigue ó escepticismo. ¿Servirá desta vez para algo? Seguro que a implicación de diversas administracións no mesmo o vai a poñer difícil, excepto que se troquen moitos chips... Ogallá nos equivoquemos.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora