Todo ten remedio
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 26 de noviembre de 2026
Que temos problemas, xa o sabemos por experiencia propia.
Non somos perfectos.
Equivocámonos moitas veces.
Pedimos benestar económico como algo de suma importancia.
Para eso desvivímonos por conseguir cartos e máis cartos para comprar todo o que nos ofrece o mercado.
Pero a vida non se reduce a eso, é moito máis...
Non nos paramos a pensar que o mercado o que quere é vender.
Se facemos caso a todo canto a publicidade nos ofrece, acabamos estresados e incluso podemos chegar a enfermar.
Que moitas persoas padecen estrés e ansiedade, tamén o sabemos.
Que gastamos moitos cartos en psicólogos e psiquiatras, tamén.
TÉMOLO DIFÍCIL; PERO NON IMPOSIBLE
Bástenos saber que hai cousas moito máis importantes que os cartos: a fe, a esperanza, o amor, a saúde, a paz, a paciencia, o perdón, a moderación, a xenerosidade, a fortleza, a comprensión, a confianza, a tranquilidade, etc...
Estas cousas non nolas ofrece o mercado.
Non se compran nin se venden.
Son un regalo do ceo que Deus dá a quen llo pide de corazón.
Paréceme que, COMO DEUS É TAN BO, ata as regala sen pedilas.
É MÁIS IMPORTANTE:
-TER FE NO FUTURO poñendo os medios necesarios da nosa parte.
Fe en Deus (os crentes) e fe en nós mesmos como portadores de moitos talentos que nos axudarán a abrirnos camiño na vida
-CONSERVA-LA ESPERANZA.
A esperanza no defrauda, dános forzas para dar tempo ó tempo.
As cousas veñen cando teñen que vir.
Non vale de nada precipitarse nin desesperarse.
-FACER PEQUENAS OU GRANDES COUSAS CON MOITO AMOR porque á boa fe: todo medra.
-COIDAR E PEDIR SAÚDE para levar a cabo a nosa misión.
-VELAR POLA PAZ NO NOSO AMBIENTE, porque merece a pena non regatear esforzos para conseguila e conservala.
Non podemos evitar que haxa guerras; pero se nós somos persoas pacíficas no noso entorno, xa facemos moito.
-ARMARNOS DE PACIENCIA.
Di Santa Teresa que a paciencia alcanza todo.
A máis problemas, máis paciencia ata que as augas volvan ós seus cauces.
-PERDOAR CANTAS VECES FAGA FALTA para que nos perdoen a nós tamén dado que fallamos moito máis do que pensamos.
Todos temos faltas aínda que nos pareza que non.
Perfecto non hai ninguén e completamente bo, tampoco.
Só Deus é bo.
-MODERAR: A NOSA LINGUA que é unha arma de dobre fío e pode ferir moito.
-AUMENTAR EN XENEROSIDADE xa que son moitas as bendicións que recibimos e temos obrigación de agradecelas e compartilas.
-PEDIR FORTALEZA para superar os atrancos que nos vai poñendo a vida, sobre todo cando nos encontramos con problemas graves.
-TER COMPRENSIÓN para poñernos na pel dos outros que tamén están cargados de problemas aínda que non llos vexamos.
-CONFIAR en nós mesmos, nos demais e sobre todo en Deus (os crentes) é unha boa maneira de proceder.
-PEDIR TRANQUILIDADE E SERENIDADE para ver con claridade cal é a mellor solución a cada problema.
-E cadaquén: o que máis falta lle faga.
PROBLEMAS SOBRAN
Uns máis e outros menos, uns antes e outros despois; pero todos os temos.
Hai problemas de tódalas medidas e para tódolos humanos independentemente da raza, país ou relixión.
Hainos para todos.
PREVIR, MELLOR QUE CURAR
Desde que chegamos a esta vida, temos que aprender a defendernos para cubri-las nosas necesidades.
Prepararse para abrirse camiño na vida é moi necesario:
"O que de novo non traballa, de vello durme na palla", di o refrán.
Gaña-lo pan coa suor da propia fronte desde que temos idade para traballar sempre que saúde nos acompañe.
Administrarse priorizando gastos e evitando os superfluos.
Conformarse co que cadaquén pode alcanzar.
Saber que, SACADO NUN CASO PUNTUAL, ninguen nos vai a regalar nada.
Queixarse, canto menos mellor porque as queixas non solucionan os problemas, hai que poñerse mans á obra e confiar que todo sairá ben.
"PENSANDO EN POSITIVO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora