Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ferrín de ferro e dinamita

Santalla, Iago - miércoles, 25 de noviembre de 2026
Foise o gran narrador, o peito firme e baril que non renegou nunca dos seus principios e que soubo ser pobo na humildade dos grandes. Ferrín estivo nas grandes loitas do século XX e soubo encher de significado e significante a palabra liberdade. En Ferrín a liberdade volvíase paisaxe para proxectala na imaxe precisa do país que amou profundamente.

Se algo demostra este renovador da literatura é que pensar dende un pobo pequeno non é excluírse das correntes do mundo senón impregnarse delas para traelas e pensalas dende o ser que é propio. Ferrín, ao igual que Beiras, foi un home de mundo e aí temos poemas cheos de referencias que poderían ser comentados en ensaios ou teses doutorais rigorosamente feitas. Estamos ante un Nobel que non foi quizais por "poderosas razóns" pero cabe a dúbida de se noutras condicións o houbera sido...

O certo é que a coherencia de Ferrín no eido lingüístico e social foi total e absoluta. Por iso, del sempre quedará o exemplo de alguén que cree e intenta facer realidade o que considera xusto. Estamos ante un home que soubo amar en coherencia e dignidade. Estas persoas constrúen liberdade, estas persoas son exemplo e camiño e merecen a memoria dun pobo que ten que aspirar ao fantástico porvir que queda escrito en páxinas de ouro para a nosa literatura.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES