Comeza asi o primeiro verso da canción "O Tren" de Andrés Dobarro, aquel tren que os que temos xa unha idade considerable, lembramos con certa nostálxia. Aquel tren que nos traía e levaba a calquera parte logo de non sei cantas horas de viaxe. Aquilo xa foi e agora figuramos como o segundo país do mundo en liña de alta velocidade logo de China e seguidos do Xapón, alta velocidade que conecta a varias cidades con Madrid nun tempo record mentres déixanse illadas a moitas máis localidades.

Á rede convencional deixárona fora de xogo e praticamente abandonada por inanición e pouco mantemento. Os que residimos en Ferrolterra sabemos algo diso.
O 14 de abril de 1992 inaugúrase a LAV entre Madrid e Sevilla, algo menos de 500 quilómetros polos que se podía circular a 300 por hora, e hoxe temos unha rede de máis de 3.200 quilómetros cun ancho de via incompatible co sistema tradicional que nos ten a todos moi fachendosos. Pero en pouco tempo ocorreron tremendos accidentes que provocaron moitas vítimas. En 1962 Xapón inauguraba o primeiro tren de alta velocidade que podia alcanzar os 200 quilómetros por hora e ata o de agora, ano 2026, ningún accidente e ningunha vítima. Por qué a nós? Quizáis por querermos abarcar máis do que realmente podemos.
Non sei se poderemos recuperar o tren como servizo público, ese tren que nos leve pola beira do Miño, e por outras beiras de Galicia e de España adiante, con fiabilidade en horarios regulares, comodidade e con prezos asequíbles. As circunstancias apuntan a que é ilusorio pensar que o PP e VOX se poñan de acordo en algo que non sexa recortar servizos e dereitos sociais e apostar decididamente por un transporte público. Pedir dimisións si, cando para eles DIMITIR segue a ser un nome ruso. Vexamos: Androis, Yakolev, Metro de Valencia, Dana de Valencia, Protocolo da vergoña en Madrid... Todos seguiron nos seus postos e algúns/as logo de deixalos, ficaron recolocados e mellor remunerados. E así iremos, neste tren de borrascas se o sufráxio non o remedia, polos azarosos camiños neoliberais da política nesta España nosa.