Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Haití e o Bispo Munilla

jueves, 21 de enero de 2010
As declaracións do bispo Munilla na Cadena Ser púxome os pelos de punta e deume que pensar moi negativamente. Os titulares dos xornais comentaban desta maneira as súas verbas: “nuestra pobreza espiritual es 'un mal mayor' que la tragedia de Haití”.
Non se pode votar a lingua a pastar con declaracións tan espantosas por moi bispos que sexan. Son declaracións de moi mal gusto e retrógradas ante o desastre e desolación dunha catástrofe como a dese país antillano con milleiros de mortos. Para o bispo parece que debe ser que lle caeu o terremoto do ceo (cousa divina) e iso é menos grave que a preocupación que ten coa nosa espiritualidade en España.
A pobreza dese espírito a ten o Sr. bispo Munilla e parte da organización ou seta da que representa, tendo en conta que o seu predicamento nada ten que ver coas ensinanzas e feitos daquel home que crucificaron fai unha morea de séculos. O bispo Munilla e parte de toda esa lacra que existe neste país son o reino dos infernos na terra, son deses “ricos”que xamais entraran no “reino dos ceos”.
No Evanxelizo segundo San Mateo (cousa que o Munilla predicará de cando en vez nos seus discursos nas igrexas) atópase un apartado 7.5 que di: “¡Hipócrita! saca primero la viga de tu propio ojo, y entonces verás bien para sacar la paja del ojo de tu hermano". Este Sr. bispo non se decata ou non quere decatarse da súa propia doutrina. Os fundamentalismos relixiosos non soamente existen nos países árabes, os temos ao pé da porta e nós sen darnos conta.
Non quero que se preocupe este señor pola miña espiritualidade, que se preocupe de recuperar a súa que voa falla lle fai. O Sr. Munilla representa a esa España grotesca de pacotilla, un esperpento ancorado nos séculos pasados que xamais deixaron que este país levantara a cabeza.
Váiase Sr. bispo Munilla a fritir espárragos e pídalle perdón de xeonllos ao desesperado e sufrido pobo haitiano.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES