Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 24 de noviembre de 2026
Promesas, chotis e conciencia negra

Oito da tarde, que xa é noite. Faltan dúas horas xustas para o gran debate político e televisivo entre o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo. Pero xa pode faltar o tempo que sexa; este paisano non pensa ver tal debate. Hai moitos anos, moitos, que non teño dúbidas sobre a quen votar. Non necesito que ninguén me convenza.
Pingas de Orballo Aínda que convencer, o que se di convencer, axiña se convence á xente. Somos moi propensos a deixarnos manipular. E se, ademais, lles facemos caso a aqueles que, hai que recoñecelo, ás veces son ben listos, pois mel nas filloas ou ouro sobre azul. Son listos á hora de prometer... o que nunca van cumprir. Ou, das vinte medidas que propoñen, como moito levan adiante unha ou dúas.
Lembro, por exemplo, o caso de Baños de Molgas. Desde que chegou a democracia ó noso país, en todas, absolutamente en todas as eleccións municipais celebradas ata o momento -ou, polo menos, ata finais dos anos noventa, que foi cando deixei de vivir alí-, un dos puntos máis destacados dos programas políticos era a creación dunha casa de cultura. Desde 1979, Baños de Molgas debería ter unha. Hoxe, polo que creo saber, a súa pequena e simple biblioteca permanece pechada.
E o mesmo que digo no ámbito municipal podo dicir, e digo, no autonómico e no estatal: as promesas bailan un chotis na pista dunha conciencia negra. Porque á lingua sabémola manexar moi ben e, despois, xa se sabe: se te vin, non lembro.
Oito e media da tarde, que xa é noite. Falta hora e media para o debate político e televisivo. No sentido figurado da expresión... que se maten entre eles! Este paisano vai gozar moito máis vendo unha película que escoitando, unha vez máis, as súas promesas incumpridas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES