Pazo da Ópera da Coruña, 24-10-2026
Aplausos
SEGUNDO ACTO
Scarpia quere someter a Tosca coaccionándoa, pero Tosca mantense intensamente namorada de Mario, xa pode afagala, abrazala, darlle celos cun abano no pazo Farnesse que Tosca é fidel ao seu amor.

Vese sometida e asoballada por todas partes, de todas as maneiras, en todas as ordes, pero tan só no seu pensamento está o pintor, Mario, preso por non descubrir a un preso político e torturado polos secuaces de Scarpia. Ao oír Tosca os gritos de dor do seu amado, o corazón de Tosca non pode aguantar e declara o lugar de escondedoiro do preso político.
Scarpia non quere diñeiro, soamente a entrega amorosa de Tosca suporía o acougo amoroso do tirano. Chegados aquí é cando comeza o odio co que Tosca reacciona diante de todas as propostas amorosas das que se vale Scarpia, propoñéndolle incluso un fusilamento virtual do seu amado e un salvoconduto para marchar xuntos despois do fusilamento mentireiro. Tosca chea de amor e misterio di someterse ás palabras e ideas do tirano, mais cando este intenta abrazala, Tosca apuñálao cun coitelo ou cun abrecartas de Scarpia cravándollo no corazón no momento álxido e precioso co que vai rematar este acto.
Continuará...