Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

TOSCA de Puccini (I)

Otero Canto, Xosé - lunes, 23 de noviembre de 2026
Pazo da Ópera da Coruña, 24-10-2026

A orquestra no curro do proscenio, tan só as luces das partituras brillan facendo semisombras e os instrumentos berran notas de descontento mentras os afines da afinación chegan como chamadas á audiencia dicíndolles que vai comezar. A peza de tea vermella abanéase en zonas programadas antes de abrirse de súpeto.

PRIMEIRO ACTO

TOSCA de Puccini (I) No primeiro acto tropeza a magnífica Tosca cos celos. Celos de todo o que existe, celos dos ollos azuis dun cadro, do cabelo louro da pintura dun retrato, celos ata dun abano abandonado. O sinal dos celos percorre o corpo dunha persoa que semella perder o xuízo por amor ao pintor, Mario, que chega a un ton poético e moitas veces sublime, así como Tosca. Pobre muller que se vai caendo de sentimento canda música que a leva por sendeiros apaixonados e misteriosos, pobre Tosca, que atopa celos no desconsolo álxido das cousas que non son escenografía propia das cousas.

Que paixón amorosa te leva por esas corredoiras nas que sentes o amor das cousas como desconsolo que vai en contra túa e tratas de defender o teu sentimento a través duns ollos que imploran visións absurdas e equivocadas. Pobre Tosca que non ten silencio nestas cousas porque as cousas revélanse no seu silencio e son quen de presentarse diante dos seus ollos como afrontas, como obxectos que emanan celos. Pobre Tosca, sempre namorada cun amor absoluto e perdido no que saen celos das cousas que abafan e someten os pensamentos de Tosca ata chegar a non discernir a sinxeleza das cousas que traen sentimentos e apartes de maldade como se fosen figurantes que estivesen presentes para danar e facer mal á protagonista chea de celos e misterio.

Continuará...
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES