Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confiados no xuízo máis curador...

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 22 de noviembre de 2026
DOMINGO 34( A) FESTA DE XESÚS CRISTO REI

+Ez 34,11-12.15-17.- Sal 22(23).- 1Cor 15,20-26.28 Mt 25,31-46

+Buscarei a ovella perdida, vendarei a ferida, fortalecerei a feble. (Ez 34,16)

+ E o Rei diralles: Asegúrovos que canto fixestes a un dos meus irmáns máis pequenos a min
mo fixestes. (Mt 25,40)

CONFIADOS NO XUÍZO MÁIS CURADOR, MÁIS XUSTO E MÁIS COMPASIVO

Máis fondas que as galaxias
que nos abraian,
inda máis insondables
as nosas carnes,
para enxergar os fíos
entretecidos,
coas luces e coas sombras,
que en nós se anoan
e funden nun crisol
que o paso impón,
e desde nós deciden
amor ou crimes,
en vendaval levados,,,
¡ Pobres humanos,
con tan pouco volante
no gran arrastre,
e escasísimos freos,
e tanto medo!
Para nós imposible
xulgar se, libre,
o peor criminal
puido algo amar,
ou fanado quedou
en frustración,
nas conexións primeiras
que tanto apreixan,
mancadas e esmagadas
ficando enfermas:
imposibles as contas
do pro e o contra,
da queixa ou loa,
de abuso e amargura
pura ou con culpa.
Cos trunfos que vexamos
deamos grazas,
descubrindo no mundo
o amor fecundo
do espírito divino,
nalgúns tan ben logrado,
sinal e adianto
para os que imos indo
en labirintos.
A tarefa esencial,
máis que acusar,
ten que ser alumar,
curar, salvar,
sabéndonos nacidos
para que unidos,
os que choran sorrían
libres de ira,
se non hoxe, algún día...
¡Que veña axiña,
e non o retrasemos
enchendo o tempo,
de mansa intelixencia
con coherencia!.
Xesús desde o evanxeo
avisa do xuízo
definitivo:
o ceo ha rescatar
o amor leal,
e curar as feridas
que non estiñan.
O mal hoxe presente
non é perenne;
se no combate amamos
con Deus andamos;
se loitando sufrimos,
somos, cos santos,
mártires compasivos,
irmáns benignos,
servidores e herdeiros
dun Reino eterno.
¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES