Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lino Novás Calvo na Prensa Madrileña II (1932-1936)

Rivero, Manuel - lunes, 23 de noviembre de 2026
Nesta segunda entrega da presenza de Lino Novás na prensa madrileña (1), que fai o número 43 dos artigos de investigación para Galicia Digital, xa se poden facer varias afirmacións sobre o escritor das Grañas do Sor:
1. Qué a súa creación, despois de estudala con sosego e en profundidade, tanto na estrutura, forma e fondo, coincide plenamente coa afirmación da súa filla Himilce Novás del Portal, na entrevista que lle fixo Héctor. J. Porto para “La Voz de Galicia” o 19 de xuño de 2014. “Lino Novás no es escritor cubano,es gallego, mil por ciento gallego (2).
2. Ao estudar a súa historia de vida, as evidencias documentais confirman, que emigrou das Grañas do Sor para Cuba a finais de 1919 ou principios de 1920, con 16 anos cumpridos ou 17 a punto de cumprir.
3. Qué na escola primaria das Grañas do Sor, recibiu unha excelente formación, que lle valeu para emprender numerosos retos, ampliar estudos e soltar o talento que levaba dentro.
4. Qué a formación de escritor maduro, entrevistador, reporteiro e periodista de prestixio, conseguiuna en Madrid, no período de 1931 a 1936. A súa sinatura estaba moi cotizada. Ese estilo propio, profundo, transversal, dinámico, fresco, creativo e innovador, prendía no lector; dende o titular pasando por o cerne ata chegar ao final. Coidaba o mínimo detalle, desde o enfoque da fotografía, coa forza que lle imprimía ao texto do seu pé: ¡El es Dios, El es Dios, Dios el Padre Divino! ante cuya presencia clama la mutitud ¡El es Dios!
5. As súas crónicas e reportaxes, ocupaban os espazos privilexiados dos principais diarios: La Voz; Mundo Gráfico; Luz, La Gaceta Literaria; Diario de Madrid; El Heraldo de Madrid; Ahora; La Época; Diablo Mundo e o Sol.
6. As súas traducións foron un referente, engadían valor por tres vías: ao lector, ao autor e a el mesmo, ademais foron o complemento ideal para xerar recursos de forma segura e recorrente.
Analizo as súa actividade a través destas cinco cabeceiras:

Diario de Madrid

Este diario foi o herdeiro de Luz, diario de la república. Lino pasou a ocupar as mesmas funcións. No diario de Madrid, dependendo da necesidade ou do formato da noticia, publicada nunha das catro edicións diarias: Ao amencer, primeira edición da mañá, destinada aos abonados e o reparto fora de Madrid; ao mediodía, saía a actualización da información da primeira hora; a primeira edición da noite (vespertina) e a última edición da noite coa información de teatros, deportes e a información de madrugada.
Neses momentos convulsos, a prensa non foi allea, a súa duración, foi breve. Comezou en novembro de 1934 e finalizou en decembro de 1935.
Detallo as súas publicacións, algunhas foron tan extensas que tiveron que publicalas por partes en varias datas seguidas:
- Los Pozos sin péndulo (17-11-1934)
- Las vidas sorprendentes de Matuska el inmortal (28-11-1934)
- Después de la tormenta. Saldos del dolor (02-12-1934)
- Nochebuena 1926 (25-12-1934)
- Las vidas sorprendentes. El llano, la montaña y el desierto. Combates y aventuras del general Nogales (30-12-1934), que se publicou por partes os días seguintes: 2, 3, 4 e 5 de xaneiro.
- Aben Seud. Guerrero Puritano, artigo publicado en tres partes os días 12, 13 e 15 de xaneiro de 1935.
- Historias y misterios del museo antropológico, publicado en dúas partes os días 20 e 22 de xaneiro de 1935.
- Pére Yakoube. El descivilizado, publicado en dúas partes os días 6 e 7 de febreiro de 1935.
- La pesca en España. Entrevista con un veterano del mar. Penuria y aventura de nuestros pesqueros (10-04-1935)
- El crepúsculo de los gansters. Nuevas leyes, nuevas armas y nuevos hombres baten duramente a los fuera de a ley en los Estados Unidos (24-05-1935)
- Harlem: histerismo y miseria. El padre Divino, ante cuya presencia clama la multitud ¡El es Dios! (13-06-1935)

El Heraldo de Madrid

Breves notas da presenza do seu nome:
- Publicación do manifesto firmado por numerosos intelectuais, solicitando a liberdade do escritor peruano Juan Luis Velázquez (04-11-1932)
- No apartado de notas editoriales, sai unha excelente referencia da súa obra “El Negrero” (01-06-1933)
- No apartado “La actualidad literaria”, co título Lawrence en la cumbre. Destaca a tradución feita por Lino Novás (17-08-1933)
- No apartado de Revistas, fai unha pequena recesión do número 3 de Cuatro vientos, onde sae publicado o conto “Por qué se supo” (02-11-1933)
- No apartado “Blancos”. Color contra color. Destaca la idea de profundidad y altura de “Pedro Blanco el negrero” de Lino Novás (05-01-1934)

La Época (Madrid)

No ano 1933 aparecen dous anuncios da editorial Espasa Calpe, da colección vidas extraordinarias, na que aparece a novela “El Negrero”, nas datas 31 de maio e 20 de outubro.
En 1934, o día 3 de marzo, no apartado de “Literatura y arte” hai un breve comentario da excelente tradución de “Santuario” de William Faulkner, por Lino Novás e o día 25 de outubro publica o anuncio da saída do diario de Madrid, no que Lino sai citado como colaborador.

Diablo mundo

- Apartado de crítica. El arte del robo (05-05-1934)
- Pelapapas (26-05-1934)

Ahora diario gráfico (Madrid)

Lino aparece citado tres veces:
- Apartado espejo del mundo. Hermano negro. Cita a Pedro Blanco el negrero (27-07-1933)
- Publicidade. Anuncio da publicación do Diario de Madrid, no que vai colaborar Lino Novás (21-10-1934)
- Historia de la piratería de Philips Gosse, traducido por Lino Novás (29-11-1935).

NOTAS:
1. Hemeroteca digital de la Biblioteca Nacional de España (NBA).
2. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2014/06/19/lino-novas-escritor-cubano-gallego-mil-ciento-gallego/0003_201406G19P46991.htm
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES