Dificultades nunca faltaron
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 19 de noviembre de 2026
Óese falar de que vivimos en tempos moi difíciles:
Carestía da vida, problemas de traballo, de vivienda, inflacción...
A moitos pais e nais preocúpalles o futuro dos seus descendentes.
É normal.
¿A que proxenitor/a non lle preocupa o futuro do froito das súas entrañas?
UNHA OLLADA Ó PASADO:
Moitas persoas que aínda viven no medio rural galego recordan:
-A alimentación na súa infancia: fame non pasaron pero falta dunha alimentación equilibrada, si.
-As zocas como calzado de cada día, que lastimaban os calcañares.
-As costureiras que ían de casa en casa coa máquina de coser na cabeza para ofrecer os seus servizos.
-As leiteiras das aldeas que ían vender o leite polas casas á vila.
-Homes camiño da feira que levaban un rancho ou unha vaca para sacar uns cartiños.
-Mulleriñas cunha paxeta na cabeza cargadiñas para vender un ferrado de centeo, unha ducia de ovos ou uns repolos para cambialos por aceite, azucre, xabrón ou unha peza de roupa...
-Os lavadoiros públicos cheos de mulleres que lavaban a roupa de toda a semana.
-As lareiras nas que cociñaban antes de chegar a "cocina económica".
-Os baños nunha tina unha vez á semana.
-As segas e as mallas nas que todos mollaban a camisa coa suor.
-As cansadas camiñatas ás festas con zocas que cambiaban polos zapatos antes de entrar no baile.
-Os partos eran nas casas e algunhas mulleres morrían por falta de asistencia médica.
-A calefacción que daban as vacas que habitaban debaixo dos cuartos onde se dormía.
-O traballo de sol a sol todo o ano para satisfacer minimamente a alimentación da que xa falei.
-Traballaban desde nenos ata que os folgos se esgotaba.
-Había moitas persoas nas casas, moitas bocas que manter e as convivencias nos eran doadas.
Dificultades non faltaban.
OS DA VILA TAMÉN TEÑEN RECORDOS:
Aínda que había máis servizos, os homes principalmente eran os encargados de traer un xornal á casa que escasamente daba para alimentarse malamente.
A maioría das mulleres dedicábanse ós labores do fogar e ós servizos, outras a asistir polas casas dos señoritos ou ó xornal.
Moi pouquísimas persoas dispoñían dun coche para ir ó traballo.
Algúns ían en motocicleta, outros en bicicleta e non poucos a pé.
Non había elctrodomésticos, nin robots para o fogar.
Tiñan algúns máis servizos que no medio rural, pero poucos.
Algúns pasaban fame.
Algúns podían realizar estudios; pero era unha minoría.
Dificultades tampoco faltaron.
HOXE EN DÍA TAMÉN TEMOS PROBLEMAS
-Temos electrodomésticos que nos axudan no fogar.
-Temos coches en tódalas casas.
-Temos artiluxios que nos permiten comunicarnos cos de cerca e cos de lonxe.
-Podemos viaxar e coñecer mundo, uns máis e otros menos ou nada.
-Temos acceso a unha formación académica de maior ou menor rango.
-Temos industrias.
Temos moitos avances; pero...
SEGUEN AS DIFICULTADES
-Todos necesitamos ter autonomía económica e para eso pasamos boa parte da nosa vida fóra da casa para gañar un xornal.
-A infancia críase en mans alleas: gardeirías, colexios, actividades varias...
-Moias familias teñen que multiplicarse para poder comunicarse e outras rómpense por falta de tempo para facer vida de familia.
-Gañamos máis cartos que nunca; pero tamén temos máis necesidades que nunca; algunhas xustificadas e outras, creadas.
-Temos moitas relacións sociais e máis problemas de soidade que nunca.
-Moitos xoves tardan en emanciparse e viven á conta dos seus pais.
-A maternidade e a paternidade: retrásanse.
-Temos unha poboación avellentada.
-O acceso á vivienda segue sendo un problemón.
-O profesorado desespérase porque a familia non educa.
-Os sanitarios sofren agresións.
-As autoridades tamén teñen problemas serios.
Difcultades non faltan; pero:
"TODO TEN REMEDIO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súas consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora