A MULLER E O MUSEO
Acompañados por su tutor y coordinador Luis Ángel Rodríguez Patiño, 35 alumnos de la UNED Senior Coruña visitamos el Museo Etnográfico Monte Caxado de As Pontes.
Nos recibió su fundador, José María López Ferro, que nos guió con el tema A MULLER E O MUSEO.

Aunque ya habíamos estado otras veces, hay vidas nuevas. Esta vez nos habló también de la exposición nueva de instrumentos musicales de Fernando Vigo.
A ESCOLA: OS NENOS PARA O MUNDO E AS MULLERES PARA A CASA.
Empezamos por la escola. El trabajo de la mujer en Galicia no estuvo reconocido. O por lo menos, no tan reconocido o valorado como el del hombre. Y eso es lo que el museo quiere poner en valor.
Na nenez xa comezaban as diferencias. Os nenos ás escolas e as mulleres na casa. Preparaban aos nenos para o mundo e á muller para o fogar. Las niñas debían quedar a aprender a cociñar, a coser, a calcetar... y a ayudar en las tareas de la casa. Los niños iban a aprender a leer, a escribir y las cuatro reglas.
Hoy es más normal ver mujeres en las universidades, doctoras, abogadas, conductoras de autobús, bomberas, policías, directoras de banco o de empresa. Antes no era así. Pero en la escuela tuvieron una importancia enorme las mujeres maestras, que por toda la Galicia rural hicieron mucho más que enseñar.
Y un dato precioso que nos enseñó José: las cartas de la emigración. La Sociedade de Instrución de Naturais de As Pontes de García Rodríguez, en La Habana-Cuba, fundada el 28 de enero de 1912, instaba a las autoridades a matricular a las niñas y mandaba dinero para hacer escuelas en las parroquias y en los ayuntamientos. Querían escolarizar a todas y a todos. Hicieron escuelas en Freixo, Deveso, Aparral, Vilavella y San Mamede, y un grupo escolar para nenos e nenas en la Vila. El hecho de tener una escuela en la parroquia fue un adelanto importantísimo.
OS XOGOS: TAMÉN DIFERENTES
Nos xogos tamén había diferencias. Os nenos para labores de fuera, bolas, tirabalas, arco, apeiros de xogar... As nenas, mariquitas, bonecas, xogos de xuntar... para la casa. A imitar os traballos dos maiores.
A MOBLAXE: ELES FACÍAN, ELAS LIMBABAN
O traballo de facer os mobles era dos homes. O mantelos (limpalos e coidalos) era traballo das mulleres. A casa e o seu coidado facíao a muller ao mesmo tempo que facía o de fóra. Como nos decía José: do que falaremos máis adiante.
A EMIGRACIÓN: ELAS TIRABAN POLA VIDA
Nos siglos XIX e XX dáse a emigración, principalmente en As Pontes a Cuba, y después a Brasil, México y Venezuela.
No XIX e casi as tres primeiras décadas do XX, os que emigraban eran os homes, principalmente. A partir de 1930 ya empezaron a emigrar también las mujeres.
Ellas eran las que tiraban por la vida y por su patrimonio. Cada casa sería una historia diferente. Muchas quedaban viudas. Los hombres morían en la emigración, se casaban allá con otras, no volvían. Allá, sobre todo en La Habana, eran grandes ciudades. Un cambio tremendo. A muchos se les hacía difícil volver.
Y las mujeres quedaban aquí haciendo el trabajo de la mujer y del hombre. Como decía Rosalía, las viudas de vivos. Verdaderas heroínas invisibles, que si no quedaban, no se podía tirar.
Cada una con su historia. Por eso el museo es tan vivo.
Después nos dividimos: unos van a ver la escuela y otros, mientras tanto, la de la emigración.
BAÚLES DA HABANA
Foto de cada cosa. Con baúles con cosas traídas de La Habana: cajas de puros, trajes, documentos...
Y tanto en Coruña como en Vigo se encargaban de descargar y cargar...
A DOCUMENTACIÓN: A MULLER INVISIBLE
Alguns documentos que se presentan son de mulleres, nos libros, nos postais, revistas... mais se nos fixamos nas escrituras, os notarios son homes; nos carteis das orquestras aparecen homes; nos libros da Sociedade de Instrución Cubana só aparecen homes. A muller estaba invisible. Porque no referente ás letras era consecuencia da falta de preparación das mulleres, pola idea de que elas debían dedicarse á casa só.
O AGRO: A MULLER ESTABA EN TODO
Nesta sección, que en teoría sería do home, a muller está presente e moi presente. Porque ademais de facer o traballo da casa, de coidar os maiores e a crianza, de atender ao gando... tamén traballaba axudando na terra: plantaba, sachaba,

amontoaba e apañaba as patacas, e o mesmo co millo, aveas, trigo, liño, horta... segaba, mallaba, empalleiraba, segaba a herba e recollíaa... axudaba ou facía ela o traballo do mel, recollía a maraña, estraba as cortes, ía pola leña, polo toxo e ata cavaba na roza. Levaba o gran ao muíño e traía a fariña, amasaba e cocía. Levaba ás vacas a pacer ao prado, as muxía...
OS SELOS E AS POSTAIS, OS CARTOS
Cantas cartas e postais escritas entre mulleres e mulleres, mulleres e homes e homes e homes. Cantas palabras de amor ditas nas cartas, cantos desexos expresados nas postais, cantas vidas na distancia resumidas nunha simple carta dende Cuba, México, Venezuela, Brasil... Cantos desexos de volver.
Os cartos: na maioría dos casos gardados polos homes e administrados polas mulleres.
"Quen teña unha muller que saiba administrar, ese fogar ha de medrar".
OFICIOS: SERRECHÍNS, CAZA, PESCA, FORNO, RELIXIÓN, ROUPA...
- Os serrachíns: oficio principalmente dos homes, mais tamén algunhas mulleres sabían usar o tronzador e algún machado ou brosa.
- A caza: non había moitas mulleres que se atrevesen a disparar cunha escopeta, pero habíaas que sabían empregar os lazos, os ichós, os cepos. E logo eran as que preparaban guisos, estufados e asados coa carne da caza.
- A pesca: ao igual que na caza, non había moitas mulleres pescadoras de río, mais moitas sabían armar, empregar a rede, a cesta, a fisga... E non digamos preparar as troitas.
- O forno: elas levaban o gran ao muíño, elas carrexaban os sacos coa fariña, elas amasaban, elas tendían o pan e as bolas dentro do forno, elas bendecían a fornada, elas movían o pan, elas sacaban as bolas e logo o pan, elas preparaban o xantar co que se ía comer o pan.
- Relixión e crenzas: quen inicia nos rezos aos nenos e nenas, as mulleres. Para ir á igrexa a muller leva o seu misal, o seu rosario, a cabeza cuberta polo veo, acende unha vela, ten o seu reclinatorio. Na casa le a Biblia aos pequenos e reza coa áncora de salvación en privado.
- A roupa de vestir: "O andar ben vestida fai á moza garrida" / "Se queres vivir san, a roupa de inverno tráea no verán" / "Gárdame na casa e eu honrarreite na praza, di a roupa" / "Costureira sen dedal, cose pouco e cose mal". Quen facía a roupa eran as costureiras, tanto para os homes como para as mulleres. Saias, dengues, camisas, calzóns, chaleques, chaquetas... As toquillas eran ganchilladas polas mulleres. Medias de la feitas con catro agullas, zocas de chinela...
- O tear: a muller sementaba o liño e, de nacido, o rareaba, logo o arrancaba, ripaba, empozaba, secaba, mazotaba, tascaba ou espadelaba, restrelaba, fiaba, facía as meas, urdía e tecía e preparaba a tea para roupa de vestir, roupa da casa e a tea e a quen tiña... "Mariquiña tecedeira namorada dun galán, ten un pe na premedeira e a lanzadeira na man" / "Costureira non a quero, quero unha tecelana; sube un pe baixa o outro dá bo durmir na cama".
- As costureiras: "O amor da costureira era papel e mollose, agora costureiriña que cor ha de ter o teu amor acabouse". Coa máquina de coser ían de casa en casa, cosendo para a roupa facer. Roupa de vestir para nenos, homes e mulleres; roupa da casa. Agullas, dedais, liñas, máquina de coser, carretes de fío e moito tino e moita paciencia.
- A roupa da cama: sabos, sábas, colchas, cobertores, almofadas... con todo o traballo que conleva, feito polas mulleres. Elas facían a cama, lavaban a roupa, tendíana a clareo, volvían a lavar, secaban, pranchaban... "Roupa lavada polo sol agarda"
- Zapateiros, zoqueiros: case todos os zapateiros tiñan zapatería onde vendían os zapatos, pois a persoa que atendía á zapatería era a súa muller, que ademais de atender á casa, facer a compra, o xantar, atender aos nenos... atendía na tenda. No noso concello tamén tivemos unha muller zapateira aquí na Vila, concretamente en Tras da Ponte, Dª Esther Cal, viúva de D. José María Alén Ramos (Pepe da Casanova). O zapateiro era o home e, cando este finou, ela continuou amañando os zapatos. Zocas de chinela para as mulleres coas medias de la nos pés.
- Carpinteiros, ferreiros, mineiros, latoeiros, canteiros, cesteiros... oficios desempeñados principalmente por homes, pero sempre coa muller detrás, e coa súa valoración entre as mulleres.
- Cociña, vaixela, vida cotiá, lavado da roupa, música: labor típica das mulleres. Facer os almorzos, os xantares, as merendas, as ceas, os doces, as empanadas, facer a fornada de pan... quentar pró gando, dar de comer ás galiñas, aos porcos, ás ovellas, ás cabras, ás vacas, limpar os da casa... Fregar a vaixela, varrer, ir por auga, muxir as vacas... Facía os queixos e a manteiga. Asar ou cocer as castañas, quentar o chiculat... E as tortillas da avoa que ricas estaban na tixola de ferro! Lembro a miña avoa na cociña, lareira, segundo se entraba nela, á man dereita había unha lacena para a vaixela, logo estaba o vertedoiro, co caldeiro de e sella para auga coa ferrada e o tanque colgados para beber. O chan era de terra pisada e o tiña tan limpo sen problema. Os bancos de tralo lume estaban en moitas ocasións, si que quedaron visibles, cada unha cunha súa historia. E moitas cousas máis que non caben aquí.
Moitas das cousas expostas eran empregadas polas mulleres e incluso, no verán, inverno, daba igual, había que lavar no río, no pilón... auga fría sempre. Logo había que clarear, volver a lavar e tender a secar. Despois a recollida e o pasar o ferro a todas as pezas de roupa.
GRAZAS, JOSÉ!
Unha visita que nos deixou a todos pensando. Porque a historia de Galicia non se entende sen as mulleres. Elas sostiveron a casa, a terra, a escola, a emigración e a vida enteira, case sempre sen recoñecemento.
Grazas a José María López Ferro por abrirnos o museo con tanto cariño e por facernos ver, con cada obxecto, que detrás había unha muller.
UNED SENIOR CORUÑA - Museo Etnográfico Monte Caxado, As Pontes.