Se Deus non lles dese o libre albedrío non serían persoas senón máquinas automáticas.

Satán, o anxo rebelde, si que o sabía, e quixo aproveitarse da soberbia de Eva facéndolle crer que podían igualarse a Deus. ¡O desacato, o pecado, estivo na soberbia; e menos mal que a humildade de María foi efectiva!
Que é o libre albedrío? É cando Deus che dá un mandamento (como non comer da árbore prohibida), permitindo que ti elixas entre obedecer e non obedecer, facéndote responsable das túas propias decisións. ¿Sabían isto Adán e maila Eva? Andei buscando teólogos que me desen unha definición, digamos, definitiva, e un deles díxome, máis ou menos, o seguinte:
"Definitivamente, cuando Adán fue colocado en el jardín de Edén, se le dijo que él podía comer de todo árbol excepto del árbol del conocimiento del bien y del mal. Cuando Eva fue creada, ella fue también advertida, aunque la Biblia no indica si esta advertencia fue dada por Dios o por Adán (quien la recibió directamente de Dios). No debían comer de él; en caso de que desobedecieran, morirían (Génesis 2:16, 17). Ella lo conocía tan bien que fue capaz de repetirlo casi palabra por palabra (Génesis 3:1-3). Se lo repitió a una serpiente. Ver Génesis 2:17 y Génesis 3: 1- 4".
A pregunta do libre albedrío abarca practicamente tódalas rúbricas da nosa vida: moralidade, civismo, política, relixión, políticas públicas, relacións persoais, sentimentos e pensamentos. Todo o que nos distingue como seres humanos depende da nosa visión como seres autónomos, capaces de exercer iso do libre albedrío
Grazas, Santísima Virxe María, porque aceptaches concibir e criar ao Fillo de Deus, noso Redentor!
-.-
E dos anxos caídos, que é de onde arranca a historia do mal, que se sabe, ou que se di?
Elixín esta definición: "Luzbel - Lucifer. Lucifer ("portador de luz"), es también conocido como Satanás, aunque originalmente su nombre es Luzbel ("luz bella"). Es el Ángel caído más conocido de todos y quien más veces aparece reflejado en la Biblia, a diferencia de otros que aparecen en el Libro de Enoc.
Lucifer fue creado por Dios como su hijo pródigo. Le dotó de gran belleza, inteligencia y perfección, con el objetivo de ser el quien organizase al resto de ángeles. El enorme poder que tenía Lucifer hizo que su vanidad aumentase, sintiéndose incluso superior a Dios y compitiendo contra él. Este fue el motivo por el cual Dios le desterró del paraíso junto con la tercera parte de la corte celestial que se había unido a él, siendo el primer Ángel caído, el más poderoso y el más importante de todos".
-.-
Escolmando teoloxía
Deus é tan grande, tan bo, tan excelso, tan absoluto...; máis do que sexamos capaces de redactar na pobre intelixencia do ser humano, pero tanto se leva predicado, e non sempre con claridade, que non é doado escolmar referencias:
-Deus é o noso Pai, o Creador do universo.
-Abramos, pois, as nosas mentes (para non deixarnos confundir cos sopros de Lucifer, para non volver aos tempos do Xénese, agora que nos redimiu Xesús Cristo, o unixénito de Deus, e por tanto, deus e home á vez). Coa mente, o corazón, porque El quere vivir en nós, con nós, coas súas criaturas, xa que del somos, e redimidos que estamos daquela maldita soberbia, daquela maldita deserción, da inicial.
-Con todo, castigounos pero non nos abandonou, pois incluso nos facilitou esa gracia que só El podía darnos: A de xerar a Xesús, nunha Virxe Inmaculada, que, ¡témolo no Credo!, foi a nosa salvación.
-¡Ai o Credo, benditos Concilios que tan claramente definiron o noso xuramento de fidelidade!

Creo en Deus, Pai Todopoderoso, creador do ceo e máis da terra. Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, Noso Señor, que foi concibido por obra e graza do Espírito Santo, e naceu da Virxe María. Padeceu no tempo de Poncio Pilato. Foi crucificado, morto e sepultado. Descendeu aos infernos. Ao terceiro día resucitou de entre os mortos. Subiu ao Ceo, onde está sentado á dereita do Pai, e de alí virá xulgar aos vivos e aos mortos. Creo no Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na comuñón dos santos, no perdón dos pecados, na resurrección da carne, e na vida eterna. Amén.
Todo o temos historicamente demostrado, que ata os apóstolos foron mártires deste crédito, e aínda así...! ¡Vade retro, Satanás!
Crer non é algo estraño e afastado á nosa vida, algo accesorio; ao contrario, a fe no Deus do amor, que se encarnou e morreu na cruz pola nosa salvación, preséntanos de forma clara que só no amor atopa o home a súa plenitude. En cambio, todo o que é contrario a ese amor, destrúeo. Así, Deus quixo revelarse e mostrarnos o seu designio facéndonos capaces de recoñecelo presente na historia, coa súa Palabra e coa súa obra. A Igrexa fíxose, ¡faise!, portadora deste anuncio que contén a regra da fe, á que debemos manternos fieis. No Credo está o esencial da nosa fe, non só desde un punto de vista intelectual, senón, e sobre todo, vivencial, pois sobre esta base debemos fundar, cimentar, encouzar, a nosa conduta, a nosa vida moral, xa que a fe esixe a nosa conversión, por riba de todo relativismo, de todo subxectivismo. Para dicilo nunha soa verba: Humildade (acatamento a Deus), pois para Soberbia chegou e sobrou con aquela rebeldía, con aquela maldita deserción, recibida, transmitida, nos xenes adánicos, ¡satánicos!
-.-Gómez Vilabella, Xosé M.