Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Se me puxese a predicar... (4)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 20 de noviembre de 2026
Martirio do Estevo
Ó sentiren isto, adoecían e renxían os dentes contra Estevo. Pero el, cheo do Espírito Santo e cos ollos cravados no Ceo, viu a gloria de Deus e a Xesús de pé á dereita de Se me puxese a predicar... (4) Deus, e dixo:

-Ollade, vexo o Ceo aberto e o Fillo do home, de pé, á dereita de Deus.

Entón pegaron a berrar, taparon os oídos, e todos á xunta arremeteron contra el; quitárono fóra da cidade e comezaron a apedrexalo. As testemuñas deixaron os seus vestidos aos pés dun mozo chamado Saulo. (Saulo era o futuro Paulo).

Apedrexaban a Estevo, que invocaba así: "¡Señor Xesús, recibe o meu espírito!". E posto de xeonllos, berrou con voz forte: "¡Señor, non lles teñas en conta este pecado!". Dito isto, adormeceu para sempre.

Persecución da Igrexa, Saulo entre os perseguidores.
Saulo aprobaba aquela morte. Aquel día levantouse unha grande persecución contra a Igrexa de Xerusalén, e todos, agás os apóstolos, dispersáronse polas terras da Xudea e da Samaría. Uns homes piadosos enterraron a Estevo e fixeron por el un gran pranto. En canto a Saulo: maltrataba a Igrexa; entraba polas casas, arrastraba homes e mulleres e mandábaos á cadea.
Se me puxese a predicar... (4)
-.-

Adopción e bendición
Benquerido protomártir, meu admirado Estevo: Meus padriños, ao bautizarme nesta pila, hoxe retirada e depositada no atrio de Montecubeiro, por..., ¡por antiestética, que iso opinou o doante da nova!, pedíronlle a Deus que me asignase, como titores, a Xosé e a María, designación que, como católico, hónrame ao máximo. A confirmación recibina na igrexa dos outros avós, na de Luaces. Pero fáltame un santo, un Santo Modélico, un..., ¡un Gardacostas!, e como ti, meu admirado Estevo, presidiches a evanxelización inicial da miña parroquia natal, Montecubeiro, por favor, acéptame, gárdame e aconséllame, para que non me desvíe do Camiño do Ceo!
-.-

Estevo / Estevaíña

Étimo: Do latín Stephanus, nome testemuñado esporadicamente en Roma na era precristiá, pero usado probablemente só por gregos ou orientais, que reproduce á súa vez o grego Stéphanos, nome persoal moi antigo e tamén nome común stéphanos "Coroa".
Festa: Celébrase o 26 de decembro (protomártir) e é titular, aquí en Galicia, de 110 parroquias.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES