Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nenos/as, vide ao Begonte do Belén neste nadal e nos seguintes tamén

Pol Álvarez, Esther - martes, 17 de noviembre de 2026
Cando somos raparigos/as nas nosas mentes, esas que están nesa etapa vital limpas, puras e predispostas para recoller toda información do medio; nesa idade abraiante na que tan preto estamos de vivir instantes inolvidables, é moi importante cos país/nais e mestras/es poñamos ante os rapaces estampas que axuden a crecer nos eidos humanos. E unha das idóneas para iso é o Belén de Begonte.

Por isto, no vindeiro sábado, 21 do presente, cando chega outro Nadal ábrense co pregón desta edición de novo as portas do Centro Cultural Domínguez Guizán para mostrar a todos os visitantes esa abraiante xoia que é o Belén de Begonte.

Aproveitando a señera data quero recordar algo dese belén, que sempre tivo a maior enerxía, dende que D. José Domínguez, Guizán, o párroco deste pobo, e D. José Rodríguez Varela, souberon trasmitirlle o maior dos movementos. Enerxía que saben dar as persoas que poñen fe nas súas obras. Eles arrodeados de outras xentes da veciñanza begontina coma Dña Milagros, a irmá do crego, Dña Pilar, esposa de Varela quen traía rosquillas para ofrecernoslas, Teté e o dinamizador e voceiro dese belén, D. Xulio Xiz quen, dado o seu talento periodístico non dubidou en facer un libro, 'EL BELÉN DE BEGONTE', publicado por Everest, un manual que deben ter todos os amigos de Begonte, obra que non debe faltar nas bibliotecas familiares, as públicas dos concellos e dos diferentes colexios de Galicia.

Estas liñas intentan ser unha chamada, unha invitación para que ningunha familia galega deixe de, nestas xornadas de adviento e Nadal, días tan entrañables, adicar un tempo para vir cos seus fillos a visitar o Belén de Begonte.

Cando eu tiña sete anos da man dos meus proxenitores e avós maternos, visitei por primeira vez este belén. Alí estaba o pai D. Xesús e outros colaboradores seus. Na miña retina de nena quedou prendida a imaxe do Nacemento e dos seus salvagardas, aquelas persoas que estaban ao seu carón. Cando saímos do local os meus pais preguntaronnos. "¿Qué vos parece?" -pois tamén asistiu a ese grandioso evento a miña irmá xemelga-. A nosa resposta foi: "É tan bonito que queremos velo cada Nadal porque aquí esas figuriñas teñen o movemento único para co mundo xire na paz."

Nas edicións posteriores seguiríamos vendo como medraba o belén, enriquecéndose con novas pezas. Porque sendo o mesmo é diferente pero nunca na esencia. Como diría o filósofo Heráclito "Todo fluye", pero hai cousas que movéndose permanecen como pasa neste caso co belén.

Nas nosas visitas posteriores foron unhas veces co meu primeiro mestre -o noso pai- e outras con grupos de compañeiros de colexio e as mestras/es que impartían relixión no centro coma guías. Polo tanto os mellores recordos que gardo dende aquela non tan lonxana nenez e adolescencia ata agora son visitas ao belén de Begonte cos meus pais e con mestres/as.

Parabéns para os nenos/as do CEIP Virxe do Corpiño porque teñen ese belén sempre con eles e poden vísitalo cando queiran.

Este Nadal volverei, pero antes, dende esta tribuna periodística, invito co permiso do pobo de Begonte, dese concello e do Presidente do Centro Cultural Domínguez Guizán, D. Xulio Xiz, para que as familias e os colexios aproveiten a ocasión e traigan aos fillos/as e a discentes a vivir esta experiencia que quedará gravada nas mentes e os corazóns para sempre. Eu prometo que si algún día son nai o meu fillo vivirá o primeiro Nadal da súa existencia visitando ao Begonte do Belén.

Neste, por desgraza, non veremos en persoa a D. Xesús xunto ao belén pero os que non somos cegos de corazón, e graciñas a Deus temos memoria, veremos aí moi viva a súa figura e escoitaremos as súas verbas agarimosas resoando nos locais dese Centro Cultural Domínguez Guizán.

Vide, porfa, non deixedes pasar este Nadal sen gozar da estampa que proxecta tradición e cultura galega e co seu movemento fai que nós avancemos pero sen esquecer as nosas raíces, esas familias dos nosos antergos apegadas a esta bendita terra galega.

Lembrade, no belén de Begonte estamos todos porque é unha representación da grande familia galega e, coma din co anuncio do turrón, todos temos que vir a el polo Nadal e os máis pequerrechos non poden deixar de estar eiqui cantando a panxoliña particular que cada un le nos latexos da partitura do seu infantil corazón.
Pol Álvarez, Esther
Pol Álvarez, Esther


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES