Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación 'A deusa das margaridas murchas'

Ulloa García, José Carlos - jueves, 19 de noviembre de 2026
Moi boas tardes:
Teño a necesidade de empezar agradecendo, porque teño moito que agradecer e a quen agradecer.
A Don Juan Manuel Buján García, Director Titular dos Colexios Franciscanos de Lugo e da Coruña. Quéroche dar as grazas pola túa amizade, confianza, e por estar hoxe aquí comigo apoiándome neste día en que vamos a presentar en sociedade o meu segundo poemario. Grazas de verdade.
A Don Ernesto González Seoane, ao que profeso unha gran admiración. Moitas grazas por ter unhas palabras de alento e mimo para comigo e para os meus poemas, ditas desde esa mente prodixiosa con cariño e admiración! Moitas, moitas grazas!
A Don José María Lugilde Pena, que sabe que para min é un dos mellores artistas plásticos e que é un privilexio poder contar sempre coas súas ilustracións para os meus libros.Pero aparte de ser un gran pintor e escultor é un gran amigo. Grazas J.María !
Agradecemento, como non, a miña familia, en especial a miña nai, Natalia, que está sempre aí, en silencio sen pedir nada a cambio; e ao meu tío Don Edelmiro Ulloa Rodríguez, que foi partícipe, paso a paso da elaboración deste meu segundo poemario, e ademais é a el a quen lle debemos o prólogo, o que soporta unhas palabras moi fermosas e moi sentidas.
Permitídeme lembrar ao meu pai e a miña tía, que hai pouco que partiron ao mundo dos soños, e sei que nos están a acompañar nesta tarde, porque así o dicía San Agustín: "Os que nos deixaron non están ausentes, senón invisibles".
E como non, a miña dona María, a miña eterna musa, a raíña do amor, a miña deusa celta, porque sen ela nada disto sería posible. Grazas "Marieta".
Aos meus compañeiros do ColexioFranciscanos de A Coruña,cos que teño compartido vivencias nestes anos e que hoxe estan a apoiarme coa súa presenza. Especialmente quero agradecer a Elena Villar todo o interese e o tempo que lle adicou a corrección do meu poemario. Moitas grazas.
Á editorial MeuBook polo interese que amosou na publicación do meu libro.
E por último, pero non menos importantes, darvos as grazas de todo corazón a cada un de vós, por estar sempre ao meu carón e hoxe vir aquí a darme o voso apoio neste día tan especial para min.
MOITAS GRAZAS A TODOS!

Pasemos xa a falar da protagonista deste serán: A POESÍA!!!
Din que dentro de cada adulto hai un neno, e eu creo que "dentro de min e de vostedes hai tamén un poeta". Tal vez durmido pero aí está.
Xa o dixo Bécquer:
"Del salón en el ángulo oscuro,
silenciosa y cubierta de polvo
veíase el arpa...
Cuánta nota dormía en sus cuerdas...
esperando una mano amiga
que sepa arrancarla".

A poesía dá forma á palabra viva. A poesía é desafiante e provocadora. É unha actitude ante as cousas, ante o mundo... É un bálsamo e un fogar. Unha alarma que non hai maneira de facer calar. A poesía ensínanos a amar a verdade e a non terlle medo á vida.
Para min a poesía serve para:
- Manter aberta a palabra
- Revivir cada día
- Sentir xunto cos outros
- Sacar a flor da cinza
- Alimentarnos espiritualmente
- Unir o posible co imposible
- Salvarse do diario morrer
- Facer máis vivo o vivir
- Limpar canto o poder corrompe
- Serve tamén para a fidelidad ao relámpago
- Para descubrir os secretos do mundo
- Para levar ao infinito a costas
- Para saír y saber saír á percepción dunha mirada
- Para alumear a marabilla
- Para defender o milagro da vida
- Para amar aos outros
- Para un non sei que...

O poeta anhela a eternidade, o infinito, a beleza, a unidade do ser, todavía anclado nos seus trascendentais. O poeta dignifica a existencia humana.
En cada palabra o poeta pon un anaquiño da súa alma, do seu sentir. Escribe coa tinta inagotable do seu corazón.
Un simple papel é o confesor dos seus segredos. O poeta non é quen escribe os versos, escríbeos o seu corazón e a súa alma. As súas mans son instrumentos e a pluma só é unha intérprete.
Un poeta é unha persoa "descarnada", unha persoa que vai polo mundo sen pel, coa carne viva. Non ten defensa, nada que o protexa.
Ser poeta é inevitable. Os poetas non somos ningún bicho raro. Todos nacemos con alma de poeta! Que facemos os que escribimos poesía? Algo moi sinxelo!: limpar as cordas da nosa arpa, (as cordas da alma) e ofrecer aos lectores un harmonioso concerto que forman os versos de cada poema. Iso é todo... Non é outra cousa.
Pero lembren que todos temos madeira de poeta.
Para min escribir é unha das tarefas máis relaxantes; é unha terapia sumamente gratificante. Escribir un poema non é outra cousa que pasar a un folio que tes diante a poesía que levas dentro, (coa axuda das musas, porque non concibo un poeta romántico sen musa, e tampouco unha musa sen poeta).
Creo que ese ser romántico, extremadamente sensible, profundo, melancólico, cheo de vida, cheo de amor que habita en min trata de plasmar as cousas tan intanxibles como é o meu sentimento. Intento que o lector non lea as palabras senón que as viva. Intentei exteriorizar os meus sentimentos, rendendo tributo á muller, á esposa, a compañeira, á amante, á amiga. Intentei ser testemuña do vivido e sentido, do amor compartido con maiúsculas. Ninguén ten dominio sobre o amor, pero o amor domina todas as cousas. Intentei, rozando a pureza da sinceridade e a grata imaxinación, transmitir momentos cheos do subxetivismo necesario, tomando o mundo cos brazos do corazón e contendo un suspiro. Lembro o que dixo o poeta: que "un suspiro es un beso que se queja de no encontrar otro beso". E... quen de nós non suspirou???
Feita esta breve introducción vou pasar a presentarvos: "A deusa das margaridas murchas".
Direivos que disfrutei moito escribindo estes 52 poemas.
Recordo moi ben cando fixen o primeiro poema deste libro.
Era un día radiante de sol. Saín ao campo co portátil. Tiña unha cita coa natureza. Alá me fun, a terra dos meus pais, que, como dicía Rosalía, ten valor de propia, e foi ela -a natureza- quen me meteu no meu mundo interior. (A primeira actividade dun poeta é aprender a estar a soas consigo mesmo).
Cando estaba dentro de min sentín unha paz inmensa. Notei unha calma sublime, moi difícil de explicar e, sobre todo, difícil de atopar entre o asfalto e os decibelios da cidade.
Inmerso nesa soidade buscada -non imposta- comecei a falar co poeta que todos levamos dentro; escoitei a voz do silencio, a fala da natureza e, sobre todo, "as voces da alma" que non sempre se escoitan.
Así naceu o primeiro poema titulado: "Non me coñezo".
O segundo poema que chamo "A nena dos ollos tristes" naceu na beira do mar, alá, no meu paraíso ansiolítico, deitado na praia, mirando cara un ceo azul, cruzado de gaivotas en busca de carnaza, e escoitando o son das ondas "que veñen e van". Recordo que tiña ao meu carón o meu anxo da garda: María, o meu páramo do descanso.
O presente libro é unha invitación a viaxar lonxe, a voar moi alto, como "Juan Salvador Gaviota", deixando na praia a manda, esperando a carnaza. Saír ao campo, subir ao cumio dunha montaña é emprender un éxodo en busca da liberdade espiritual, indo ao encontro dun mesmo, ao encontro da súa vida interior.
Cada poema é unha chamada a escoitar a voz do silencio, a deixarse empapar de amor e de paz interior, a mellor terapia para drenar tanta "bile" acumulada na alma polo "estrés" e a "tensión" da vida. Esta paz interior vese en moitos dos poemas, por exemplo, nesta estrofa de: "A deusa da auga":
A suavidade da area farame perder o sentido namentres escoito o ecoar do lago azul,
as dunas protexen o meu corpo dos lategazos do vento mareiro,
e mentres a miña pel treme ante a túa proximidade,
emerxes da terra cara ao mar esplendorosa como a deusa da auga.

Ou nestes versos de "Os mares de paixón":
Navegas en procelo cara á perla do Adriático,
onde as góndolas escoltan a túa figura,
e alí, na praza de san Marcos as pombas comen da túa man,
e rodean o teu corpo de musa anxelical, de muller amada e amante.

Aquí (neste meu libro, na "Deusa das margaridas murchas") está a miña alma "espida": cos meus amores e desamores, encontros e desencontros, presenzas e ausencias de persoas que quero e das que me sinto querido.
Quen lea este libro vaime ver, ao natural, tal e como son por dentro: vai coñecer os meus sentimentos más íntimos.
Coa presentación do libro vai tamén a "entrega da chave" que da aceso á miña intimidade, a parte máis sagrada da miña persoa, a ese "castelo interior" onde Deus, o amor e a beleza o enchen todo...!
Cada poema é unha instantánea, unha foto do estado da miña alma naquel momento. Por exemplo, o primeiro poema que escribín e que vos acabo de citar, "Non me coñezo” foi escrito cando namorei de María e así o intentei reflectir nestes versos:
Non coñezo o meu espírito, e adoezo de inquedanza na alma,
síntome fráxil, inquedo,derramando bágoas de sangue;
descoñezo o meu sentir, e o meu sorriso esvara polo teu retrato,
descoñezo todo o que me atañe a min, pero ti... semellas leda.

Ou noutro momento en que me atopaba demasiado sensible, e notaba a maldade e o egoísmo moi preto de min. Nese momento escribín: "Non entendo":
Só entendo os teus sentimentos nobres e humanos,
só entendo o noso amor e a túa espiritualidade;
entendo tamén as bágoas das flores e as bágoas do ceo,
non entendo o porqué de tanto mal nalgures.
Hai outro poema que me gustaría subliñar: "A praia onde moras" que foi co que lle pedín a man á miña dona, na súa praia, na praia de Esteiro, no Barqueiro e así quedou presente nestes versos:
Aquí, na praia onde moras, a praia da serea das ondas nobres,
baixo a bóveda espiritual dos anxos e con Deus ao fondo,
tremendo polo influxo do satélite indómito e acariñado pola brisa do inmenso lago azul,
vibro ante ti, futura esposa fiel do poeta dos cantos libres.
Aquí axeonllado na area da túa praia de nena, pídoche a túa man de cativa...

Que máis vos podo dicir do libro?... Comezarei dicíndovos O QUE NON É...
Certamente non é o "betseller" do ano.
Tampouco vai ser dos máis vendidos nas librarías. E isto por unha dobre razón:
- A min ninguén me coñece no mundo da Literatura.
- O meu nome non figura entre os poetas famosos. Eu non son un Rafael Alberti nin un Mario Benedetti.
Os meus poemas non son comparables aos de Jorge Manrique, nin aos de Pablo Neruda. Eu non son un profesional, senón un simple "amateur", aprendiz de poeta.
Tampouco é un libro deses que, -como din algúns- "ao lelo a deixarte sen alento". Nin dos que "así que o empezas serache imposible parar de lelo ata rematalo".
Non. Pola contra, recoméndolles que non o lean dun tirón .
Cada poema é un "prato diferente, mimado e ben condimentado".
(Outra cousa é que sexa do agrado de todos!).

No sei se lle sairán noivas ou pretendentes, pero o que si vos podo dicir é que me gustaría que fose un gran conquistador de soños, de almas perdidas, de ilusións, un conquistador de fogueiras apagadas, de secretos inconfesables, de sentimentos olvidados...

Dito isto, terei que dicirvos O QUE É...
Cos libros pasa como coa vaixela ou a louza que hai nas nosas casas: que a mellor e de máis luxo case nunca a usamos: está na vitrina máis de adorno que para uso cotiá. Temos outra máis sinxela e máis práctica: a que usamos a diario.
Pois ben: Non me gustaría que este libro fora parar a unha biblioteca ou a unha vitrina. Prefiro que terminara aí, na mesiña de noite ou na bolsa de viaxe para ler na praia ou na parada do bus.
Gustaríame que cada poema fora unha "bocanada" de aire fresco cando te sintas asfixiado polos problemas diarios, ou un calmante cando sintas dor no fondo da alma, unhas ás para "levantar voo" cando a vida resulte pesada.
Libro pequeno en tamaño, pero grande en valores que nunca pasan, como son o amor, o respecto e os desexos de superación.
Captar a realidade interior das persoas e expresar o que din, é algo exclusivo da poesía, da música, da pintura e pouco máis.
A poesía -como calquera arte- axuda a emprender un voo que nace da mesma entraña do home, converte a dor en traxe de festa, e o medo ás alturas en paz.
O poeta escoita o inaudible, ve o invisible, di o indicible, ofrecendo todo iso aos lectores en pequenos poemas.

A deusa das margaridas murchas quere facer ver que a poesía emplease para aplacar as tormentas da alma, para redimir a unha muller ou a un home, ou encher o corazón dese sentimento chamado amor, e incluso en dosis ben servidas, intentará alimentar o espírito, asustar unha soidade ou alonxar unha tristeza. Oxalá nos faga reflexionar acerca de se as pedras falan ou se a lúa é menciña para o mal de amores, porque intentei a través dos meus versos, facer falar ás flores, voltear o ceo ou cambiar unha tarde de lugar.

O libro está preñado dun montón de verdades sinxelas pero profundas, poemas emocionantes, con musicalidade de verso libre e con multitude de figuras literarias.
Confío en que vos axude a relaxar, e a desconectar da rutina diaria.
Empecei cuns versos de Bécquer e remato con outros do mesmo poeta dicindo que é poesía:
¿Qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?
Poesía... eres tú


Moitas grazas, e que o disfruten!
Ulloa García, José Carlos
Ulloa García, José Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES