Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paco Piñeiro, Fillo Predilecto de Mondoñedo

Xiz, Xulio - viernes, 20 de noviembre de 2026
Amigos todos en Paco Piñeiro: Comezo con parabéns ao Concello de Mondoñedo, por ter nomeado Fillo Predilecto a Paco, o amigo de todos... Quen honra a un home noble, hónrase a sí mesmo, e neste caso con pleno recoñecemento por parte de todos os que coñecemos e queremos a PACO PIÑEIRO.

Paco Piñeiro, Fillo Predilecto de Mondoñedo Parabéns especiais a ti, benquerido PACO, por ser e por estar; certamente por todo. E contigo, moi especialmente tamén a MARIPAZ, que -como xa digo en letras de molde- como quería e proclamaba Mario Benedetti, "en la calle, codo a codo", sodes moito máis ca dous. E parabéns especiais, certamente, aos fillos, a toda a familia, por ser especiais recipiendarios de tanto traballo, tanta dedicación, tanto entusiasmo, tanto exemplo como recibides de Maripaz e Paco, de Paco e Maripaz, que estes logros nunca son individuais, abranguen a toda a familia, e se esta obra se culmina é por ser conxunción de intelixencia, traballo e esforzo que repercute en todos dun xeito espiritual e salutífero.

Que placer, familia dos Piñeiro Gonzalez e Rodríguez Silva ser colectivamente fillos predilectos de Mondoñedo!. Porque do mesmo xeito que os sacrificios, os traballos e as dores se sofren en familia, as satisfaccións, os galardóns, especialmente coma este, disfrútanse conxuntamente porque a todos afectan, a todos chegan; a todos honran.

Mesmo os amigos nos sentimos galardoados convosco... Saber que Paco é desde hoxe Fillo Predilecto de Mondoñedo, primum inter pares da boa xente de Mondoñedo, é unha ledicia que non cabe no peito e ten que expandirse; ten que notársenos a todos nos ollos, na cara, no ánimo...

Se Cunqueiro afirmou con rotundidade episcopal que Mondoñedo é rico en pan, en augas e en latín... se hoxe estivera aquí abundaría no aserto, sempre verdade en relación con Mondoñedo, e vendo tanto agarimo e tanto entusiasmo engadiría co seu verbo cálido e encendido á xente... aos mindonienses bos coma o pan; claros coma a auga máis limpa; sabios coma os que nos deixaron o latín como histórica lingua de cultura, que son quen de recoñecer profetas na súa terra; que son quen de mirar cara adentro e escoller do mellorciño do seu ser de humanos, e declaralos dilectos fillos, neste caso a Paco, o predilecto, escollido entre todos como sobranceiro... pronunciando Paco Piñeiro, coa sonoridade dun Leiras, un Veiga, un Noriega, un Cunqueiro...

Remato, e non sallo dos parabéns... Porque de Paco Piñeiro e Maripaz non é que estea dito todo, é que sabemos de onde son, como son, como chegaron a onde están, como traballaron, se entregaron, fixeron amigos a centos, e no momento desta especial colleita non é cousa de valorar os froitos, pero si de medir as almas, e para iso os chairegos temos medidas especiais... E non vou recurrir ao dato verdadeiro- de que os ferrados de Vilalba son dos máis grandes do pais...

Vou recurrir para rematar a palabras de Manuel María. Para o Manuel, a Terra Chá era do máis grande do mundo. Digo, o que el dixo da Chá, afirmando que se tivésemos que mensurar os méritos, o valor de Paco e Maripaz só hai dúas mensuras posibles: Ferrados de corazón... Fanegas de alma!.

Palabras de Xulio Xiz en Mondoñedo, dentro dos actos de entrega do título de FILLO PREDILECTO DE MONDOÑEDO, a Francisco Piñeiro González o 14 de novembro de 2026.

Biografía de Paco Piñeiro
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES