Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Achegas históricas á capela de Carballido, Pacios (Begonte)

martes, 19 de enero de 2010
Nos seus inicios este recinto sagrado, situado no actual Vilar de San Xián era xa un relevante santuario debido ao poder de convocatoria que exercían os seus dous santiños milagreiros, San Adrián e San Xiao.

Este santuario, segundo persoas de idade do lugar de Carballido, estaba emprazado nun espazo que pertencía á familia de Campos e a unhas persoas da vila de Viveiro. Estas últimas venderon a súa parte a Antón de María do lugar de Rañal (Pacios).

Un bo día as imaxes de devoción comezaron a aparecer na campa de Carballido, sendo devoltas tres veces ao seu lugar orixinario, ata que os veciños do lugar consideraron axeitado construir unha nova capela no lugar de aparición.

Sen embargo a motivación fundamental do traslado dos dous santiños foi debido a que o día da súa festividade, que se conmemoraba o sete de xaneiro, as propiedades ao carón do recinto sagrado sufrían un gran deterioro.

Por outra banda, tanto na antiga capela como na actual, houbo hai anos un mordomo que tiña como función recadar a esmola dos devotos de ambos dous santos e empregala en sufragar os actos relixiosos e profanos da festa.

Nos seus inicios esta capela celebraba a festividade do San Adrián e o San Xiao o sete de Xaneiro. Sen embargo desde que un membro da casa de Villegas de Carballido doou unha imaxe da Virxe, comezou a conmemorarse a súa festividade o xoves da Ascensión, e logo, tamén o domingo da mesma semán. Polo tanto, no ámbito da comunidade de Carballido, houbo unha confusión dalgunha maneira consentida ao identificar a Ascensión do Señor coa Virxe da Asunción, de tal xeito que, ainda hoxe, hai devotos que falan da “Virxe da Ascensión” en vez da “Virxe da Asunción”, que se conmemora o quince de Agosto.

A este recinto sagrado, acudían romeiros ofrecidos por doenzas humanas, o que motivaba que levasen a cabo unha serie de rituais. Era moi relevante o ritual “do coitelo do San Adrián”, consistente en pasar un coitelo de madeira bendicido pola parte doente. Este instrumento era realizado hai anos polo veciño do lugar Manolo Rodríguez Ferreiro.

Asimesmo os fregueses con doenzas de reuma e varices nas súas extremidades inferiores poñen os seus pés nun oco situado no chan ao carón do lado inferior dereito do santuario. Tamén, aqueles que sufren doenzas da cabeza adoitan introducíla nunha ventá cega existente no interior da capela.

Logo da procesión, o crego ou un fregués da parroquia dá a bicar as imaxes do San Adrián e San Xián, mentres recita a seguinte xaculatoria: “San Adrián/ San Julián bendito, che quite a enfermedade, che dea a sanidade, polo poder que Dios ten. Amén”. Na actualidade, tamén se emprega a seguinte xaculatoria: “Dios te conceda por medio de San Adrián /San Julián, todo lo que le pidas. En el nombre del Padre, del Hijo y del Espíritu Santo. Amén”.

Por outra banda, hai devotos que tocan as imaxes de devoción cos seus panos e, logo, pasanos por diferentes partes do corpo cunha finalidade profiláctica e curativa.

Finalmente hai a tradición de que a campá da capela serve para alonxar as treboadas. sempre que se faga sonar denantes de que comece a chover. Ésta foi traída da antiga capela de Vilaflores (Baamonde).

BIBLIOGRAFÍA.
1. BLANCO PRADO, José Manuel.: Religiosidad popular en el Municipio de Begonte, Lugo: Deputación Provincial, 1991.
2. BLANCO PRADO, José Manuel.: Exvotos e Rituais nos Santuariois Lucenses, Lugo: Deputación Provincial, 1996.
3. GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel. Guía de festas populares de Galicia, Vigo: Ed. Galaxia, 1997.
4.MARIÑO FERRO, Xosé Ramón.- Las Romerías/Peregrinaciones y sus símbolos, Vigo: Ed. Xerais de Galicia, Vigo, 1987.
5.MARIÑO FERRO, Xosé Ramón. Santuarios mágicos de Galicia. Vigo: Ed. Nigratrea, 2003.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania