Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 18 de noviembre de 2026
A bendita desgraza de ler

Que eu saiba, levo catro noites sen ver películas. Unha auténtica desgraza. Un crime. Unha calamidade.
A primeira noite, por culpa dun partido de baloncesto dun dos meus fillos. A segunda, a causa do partido de fútbol Atlético de Madrid-Barcelona. E a terceira e cuarta noite, por culpa da lectura.
Pingas de Orballo A miña "bendita desgraza" -a da lectura- consiste en entrar na biblioteca e atoparme, xusto de fronte, cos estantes das novidades. Nunha ollada rápida, vin a premiada novela de Isabel Allende, "La hora antes del alba", e, a continuación, un auténtico ladrillo de 748 páxinas de Dolores Redondo, "Todas las noches, todas las ciudades".
Como son un avaricioso e quero ler os libros antes que ninguén -xa me pasaba o mesmo co cine: tiña que asistir a practicamente a todas as estreas-, non que quedou outra que pedilos en préstamo. E, debido á fama e ó interese que espertan estas dúas obras, sei que, se alguén as reserva, xa non permiten renovar o préstamo. É dicir, hai que lelas en quince días.
Para rematala, ó chegar á casa non empecei ningún deses dous libros, senón un terceiro que xa tiña en préstamo.
Sumei as páxinas dos tres, dividinas entre os días dispoñibles e saíume unha media de 65 páxinas diarias, que tampouco é tanto... se tivese tempo. Pero agora as tarefas domésticas e gastronómicas consómenme o tempo, os nervios e as entrañas; ou sexa, a vida. E a vida é un minuto que se escapa nun amén.
Porén, xa conseguín baixar a media. Tanto que, se cadra, esta noite xa pode ver unha película.
Se cadra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES