Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 17 de noviembre de 2026
Despois de lanzar o coiazo, veñen defendela

Por fin chove. A algúns tamén lles chove moito na cabeza. E non me refiro ás pingas de auga, non. Queren converterse en adaís da lingua galega ó mesmo tempo que lanzan a pedra, o coiazo da imposición. Sempre dixeron que había quen pretendía impoñernos a nosa propia lingua. E pregúntome eu: quen impón a quen?
Pingas de Orballo Lembro aquela infancia na que, na escola, se se che escapaba unha palabra en galego -e escapábanse moitas e moitas veces, porque é a lingua na que nos pariron, nos criaron e na que vivimos-, a regra ou a vara do mestre voaba cara a man estendida e aberta do cativo. Sen compaixón. Por non falar como era debido.
Hai tempo atopeime cunha frase marabillosa que vén que nin pintada para a ocasión: "Se a miña lingua materna fai abalar os alicerces do teu Estado, é probable que construíras o teu Estado na miña terra".
Pois aquí, en España -que digo en España, na propia Galicia!- hai moitos que pensan que algo minoritario pode facer abanear os seus principios máis agochados. E digo agochados porque, por fóra, repito, queren erixirse en adaís de todo aquilo que lles interesa.
Sucede algo moi semellante -que digo semellante, exactamente o mesmo!- cando pretenden converterse nos grandes defensores de Castelao. Eles, precisamente eles, que o condenaron ó exilio e o censuraron como poucas veces se censurou a un home da súa dimensión. Abondaría con que eses novos defensores do ilustre galego consultasen as instrucións que se ditaron tras a súa morte.
Agora queren facelo seu. Como queren facer súa a lingua. Pero primeiro houbo que perseguila, silenciala e desprezala. E agora, despois de lanzar o coiazo, veñen dicirnos que a defenden.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES