Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paco e Paz: Sodes moito máis ca dous

Xiz, Xulio - miércoles, 18 de noviembre de 2026
Paco e Paz, Paz e Paco, os amigos do norte, binomio indivisible, proba irrefutable do que Benedetti afirmaba poder ser, xuntos, codo a codo, coa máxica forma do amor: Un exemplo, unha vocación, unha entrega. Rotundo amor persoal, pola cultura e polo país.

A última vez que nos vimos - Paz e Paco; Merce e máis eu - foi en Lugo, polo San Froilán. Era para eles como un ritual de ofrecidos vir a Lugo como mindonienses devotos de don Álvaro, que sinalou a festa capitalina como a máis fermosa do outono galego.

Acudir ao San Froilán era unha necesidade; volver ao outonal centro do mundo; mergullarse cos festeiros como nunha renovación de votos vitais... un cambio de aires para volver ao norte.

Paco, faloume do seu libro inconcluso sobre Santa María de Rúa, da necesidade de rematalo, e ofrecinme no que eu puidese a botarlle unha man, cando a traballo estaba practicamente feito, longa investigación de anos, que merece edición atenta en homenaxe a tanto traballo, vocación e fervenza cultural.

Digo "os amigos do norte", porque ese norte era o seu reino, con incursións culturais con calquera destino, que non tiñan limites xeográficos as súas ánsias de traballar polo teatro e pola Terra, e seiscentas actuacións triunfais ocuparon boa parte da súa vida.

Hai alomenos unha ducia de anos, Lara Mendez, daquela vicepresidenta da Deputación de Lugo - veu ao Orfeón Lucense entregarnos unha gravación feita polo organismo provincial. Falei no nome do coro, e ela dirixiuse aos cantores saudándome como o home de Lugo que se parecía a Paco Piñeiro.

Non a desautoricei, senón que agradecín a comparanza, porque que unha muller tan vencellada ao concello de Cervo e á costa lucense, me comparase con Paco - sendo unha desmesura - era unha gran honra inmerecida. Cando despois llo comentei a Paco sorríu socarronamente, e acabamos os dous discutindo ledamente sobre quen era o e exemplo e quen a imaxe reflectida. Paco é irrepetible, e se el non era consciente deso era porque a súa bonhomía, entrega e conciencia cultural normalizaba o extraordinario.

Hoxe, o espíritu de Paco voa libre polo norte dos nortes, mentras os seus setenta anos terrenais suxeitan con firmeza un corpo que loita pola pervivencia.

Hoxe, Paz, exemplo perfecto da paz humana dedicada a Paco ata a extenuación, aporta ao binomio máis forza que nunca, máis vida sempre, aínda máis amor consciente para que a suma dos dous monomios permaneza inalterada.

Cando Benedetti hai medio século escribiu o poema "Te quiero" para xuntar o amor co compromiso, coa solidariedade e coa xustiza, sen sabelo, estaba pensando en Paz e Paco; en Paco e Paz.

Ocorre en cada momento do día ou da noite. Sen que ninguén, nin
eles mesmos, o perciban, cada un está susurrándolle ao outro, rindo ou chorando, a gran verdade por eles construida, que deixo no orixinal uruguaio no que foi cavilado:

"Si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos."
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES