Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

500 metros

viernes, 22 de enero de 2010
A construción en Galicia foi un caos, especialmente nas zonas costeiras. Tamén noutras zonas do Estado, pero a nós aféctanos Galicia de xeito especial, que nos tempos dourados da civilización do ladrillo rexistrou agresións numerosas e ostensibles, perdurables e nalgúns casos con evidente perxuizo social.

O bipartito gobernante no pasado cuatrienio tomou a decisión de marcar unha zona de exclusión en todo o borde costeiro, de cincocentos metros, que veu coincidir precisamente coa brutal crise da construcción, co que é difícil dilucidar que efectos tivo ata agora, e se a actual situación é só produto dos males anteriores ou a decisión oficial veu incidir na mesma ferida.

O goberno actual da Xunta de Galicia pretende racionalizar unha decisión drástica, suprimindo a barreira como tal e analizando a situación concello por concello para ir dando solución ós problemas planteados ou que se planteen no futuro. Parece lóxico e pode dar resultado, porque cada concello é un mundo que precisa solución específica. E posiblemente fixar unha mesma barreira para todo o litoral pode ser proteccionista en extremo e non contemplar peculiaridades que compre atender.

Se a acción ten éxito, teremos gañado todos: o litoral, os concellos, os particulares afectados e toda Galicia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania