Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mover os marcos

Xiz, Xulio - viernes, 13 de noviembre de 2026
Na Galicia doutrora, onde o rural era un ente puxante, superpoboado e vivo, os marcos das leiras equivalían á conxunción de notaría, Rexistro da Propiedade e Catastro de Rústica.

Parecían estar colocados desde o comezo dos tempos, e cada vez que a herba medraba en demasía e as vacas ao pacer non deixaban clara a súa situación, cada propietario reafirmaba os seus lindes vitais, deixándoos ao aire, marcando territorio.

Ningún veciño ousaba tocarlle a un marco, sendo gravísima agresión o cambio intencionado, chegando a causarse mortes por atentado á sagrada propiedade rural.

No meu camiñar polo Lugo do centro, penso nos marcos cada vez que tropezo con terrazas ocupadas por mesas e sillas que aproveitan os estertores do bo tempo para tomar algo á raxeira.

As terrazas, contadas nos tempos pre-pandemia, xeneralizáronse daquela pola necesidade de distanciarnos físicamente, pero o fenomeno disparouse, e as mesas iniciais foron medrando, creáronse pasillos polo medio para mellor aproveitar o espazo, e agora xa cruzan as rúas aproveitando que as zonas semipeonís facilitan a expansión.

Estou seguro que o concello de Lugo controla escrupulosamente esta colonización hosteleira, que na Praza Maior chega a levar consigo nos soportais unha especial preferencia de paso comercial diante do peonil, e que noutros lugares fan sentir aos peóns puros peóns dun xadrez que marca os movementos.

Que conste que a min as terrazas gústanme, aínda que son reacio a utilizalas fora da canícula polas temperaturas que o meu corpo discute. Pero non poido evitar a sensación de que nos están movendo os marcos dunha relativa propiedade pública.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES