Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Plásticos

miércoles, 20 de enero de 2010
Nos anos sesenta comezaron a sustituir as pezas tradicionais de barro ou louza. Os recipientes de plástico constituíron unha revolución nos fogares do campo ou da cidade, arrumbando moitos outros de procedencia artesá que foron desaparecendo do mercado.

As bolsas de plástico viñeron despois, por milleiros, por millóns, de usar e tirar, vistosas, elementos publicitarios cos que nos agasallaban a ducias nas grandes superficies comerciais.

Pasou o tempo, e a conciencia da perigosidade dos novos utensilios foi medrando. E a seguridade de que fan falla centos de anos para que unha bolsa de plástico desapareza calou moi fondo na nosa sociedade, na que un sentimento de preocupación que cada día medra máis nos di que precisamos poñer remedio a este despilfarro contaminador.

Pero no momento en que nos atopamos, cos supermercados procurando restrinxir as bolsas de plástico resulta que en Galicia a industria que as produce da traballo directo a 700 persoas e a outras 800 de xeito indirecto. E en toda España chegan a 50.000.

En salomónicas solucións preténdese que non desapareza o fenómeno das bolsas de plástico -por agora un imposible- senón que o seu consumo se reduza á metade, e que as bolsas que se consuman sexan ecolóxicas, fabricadas con polietileno, cen por cento reciclables.

Volveríamos á “bolsa da compra” en lugar das múltiples bolsas da actualidade, racionalizaríamos a realidade do consumo de plásticos, e poderiamos pensar que a sociedade sabe mellor o camiño a seguir nesto que parece unha rampa imparable hacia o desastre.

Socialmente, a época dos plásticos rematou. Pero a industria do plástico seguro ha saber adaptarse para facilitar novos productos, non contaminantes, que resulten tan útiles e revolucionarios como o resultaron aqueles primeiros plásticos dos anos sesenta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES