Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Visita dun impresentábel

Rubia, Xoan - viernes, 13 de noviembre de 2026
A verdade é que non entendo como un presidente dun país pode achegarse a outro co único propósito de insultar e denigrar ao mandatário do território que visita, pero que eu non o entenda non quer dicir que non suceda: e sucedeu ¡oh casualidade! en plena precampaña electoral para botar unha man á extrema dereitado noso país que viron na presenza deste personaxe, coa súa merdenta verborrea, un activo para os seus intereses. E eu que non son sociólogo, nin antropólogo nin moito menos politólogo, tan só un cidadán de a pépreocupado polo que acontece ao meu arredor, creo que a visita de Milei provocou o efecto contrário ao que se pretendia. Malia que a min este personaxe me provoque profundo rexeitamento penso Visita dun impresentábel que foi unha mágoa que non estivese un pouco máis de tempo por aqui dicindo as babecadas que acostuma e facéndose fotos cos seus amigos Feijóo, Abascal e Ayuso.

Somos certamente un país garantista pero a manifesta falta de respecto de este indivíduo debeu provocar que fose chamado a consulta o embaixador arxentino pola ofensa inferida ao noso presidente por este provocador que parece saído dos sotos dun hospital psiquiátrico. Fomos tolerantes con quen non o foi connosco. Para máis abondamento resulta que na palestra que dou no foro "Nueva Economia" este suxeito que blanquea un dia si e outro tamén á ditadura de Vilela (esa si foi ditadura como mandan os cánones), estaba presente a cuarta autoridade do noso país, o presidente do Senado, que xunto a un grupo de empresários, estiveron rindo e aplaudindo as babosadas deste tio impresentábel. E isto é dunha gravidade constatábel e amosa o sentido do Estado que ten o partido que aspira a gobernar neste o noso país.

Pode mentir coma un poseso, pero neste caso os datos matan ao seu relato. Arxentina con el vai en recesión, costa a baixo, por moito que diga este elemento fascista, e mália iso vai o tio e ousa vir ao noso país a insultar e a dar leccións. Vaia elemento!

Haberá que lle dicir a este "boludo" que aqui ninguén vai botar a ninguén a patadas. O 29 de novembro moita xente vai votar "en defensa propia". E xa veremos.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES