Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre foi así

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de noviembre de 2026
Escoitamos falar ás persoas maiores que din: "Sempre foi así".
Refírense que sempre houbo problemas que impiden a boa marcha da humanidade.
Moitos pais déixanse a pel para deixarlles unha boa herdanza ós seus pupilos.
Moitos incluso soñan con diexaerles tantos bens materiais como lles fagan falta.
Algúns ilusos pensan diexarlles o futuro resolto ós seus vástagos aínda que, para conseguilo, teñan que facer mil diabluras.
¡QUE ENGANADOS ESTÁN!
Cada xeración trae consigo a súa propia preocupación.
Que os proxenitores poidan deixar algo ós seus fillos, mellor que mellor; pero tampoco é a solución.
Os contenedores están cheos de cousas que outros valoraron moito; pero que hoxe en día xa hai outras mellores.
Esto quere dicir que a vida vai cambiando porque o ser humano vai descubrindo novas maneiras de vivir.
Moitos fillos de "ricos" viven como os fillos dos pobres e teñen que loitar a súa vida como todos aínda que seus pais se sacrificaran ata o extremo por deixarlles moitos bens materiais.
HAI ALGO MELLOR
Os valores, unha boa educación, unha formación, eso sí que merece a pena.
Xa din alí: "O saber non ocupa lugar"
O que aprendes ninguén cho leva, vai contigo a onde queira que vaias.
OS VALORES SON O FUNDAMENTO:
-Respecto á propia vida e á dos outros.
-Respecto ós superiores en idade, dignidade e governo, dicíase nos meus tempos.
-Honradez para ser unha persoa de confianza.
-Lealdade nas relaciós coas persoas que te rodean.
-Formalidade nos tratos: unha persoa de palabra é de fiar.
-Responsailidade á hora de actuar.
-Prudencia que debe acompañarnos a todas partes.
Noutros tempos dicíase que a prudencia era a nai da ciencia.
Se non tes seguridade do que vas a dicir, mellor calar.
"En boca pechada, non entran moscas", di o refrán popular.
-Actuar con xustiza sabendo conformarse co que cadquén pode adquirir por medios moralmente lícitos.
-Moderación á hora de consumir: non estirar o pé máis do que dá a manta.
-Humildade e sencillez que é o que máis gusta a todos.
-Largueza á hora de dar: non deber nada a ninguén máis que amor.
-Castidade no estado que a cada persoa lle corresponda.
-Paciencia á hora de enfrontar os problemas que a vida vai presentando. Nunca choveu que non escampara
-Dilixencia á hora de acturar porque a preguiza é mala compañeira.
A VIDA É UNHA LOITA CONSTANTE
Son moitas as batallas que temos que gañar ó longo da nosa existencia.
-Aprender a camiñar ten as súa dificultades.
-Aprender a falar, aínda máis.
-Aprender a obedecer. ¡Qué difícil!
-Aprender a vestirnos.
-Aprender a hxienizarnos.
-Aprender os coñecementos báiscos para defendernos na vida.
-Labrarnos un porvir mentres somos novos porque: "o que de novo non traballa, de vello durme na palla". Tarefa nada doada.
-Conseguir un teito onde refuxiarnos cos máis íntimos, tamén é difícil.
-Fundar unha familia hoxe en día... ¡Non digamos!
E DESPOIS...
-Tirar do carro da vida.
-Rega-la convivencia no día a día.
-Loitar por un mundo mellor.
-Navegar polo "mar da vida" con vento a favor ou en contra.
-Levar con pacienca as enfermedades que se poidan presentar.
-Despedirse de persoas queridas que pasan á outra banda antes que nós.
E así mentres a forzas aguanten...
Sempre foi así
Cada época ten as súas dificultades.
"DIFICULTADES NUNCA FALTARON"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES