Desde o Belén de Begonte temos a dor de comunicar publicamente o pasamento do noso Presidente de honra,

JESÚS DOMÍNGUEZ GUIZÁN, aos 93 anos.
Durante case 40 anos foi o Presidente e impulsor do noso Belén. Se o fundador, JOSÉ DOMINGUEZ GUIZÁN, crego de Begonte, fixo nacer o Belén no Nadal de 1972, e impulsouno ata 1986, ano do seu pasamento, seu irmán JESÚS, crego, como el párroco de Begonte desde entón, recolleu a iniciativa, fíxoa medrar, e situouna no recoñecido lugar a onde chegou, especiamente desde que a Xunta de Galicia o decladou De Interese Turístico Galego o ano 2014.
Cando as forzas non lle permitiron seguir á fronte das súas obrigas parroquiais e do Belén, deixou este nas mans da Asociación que leva o nome do seu irmán José - CENTRO CULTURAL JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN -, nomeándoo nesta Presidente de Honra polo recoñecemento ao seu destacado labor durante tantos anos.
Que a terra lle sexa leve, e goce d groria de Deus ao que tan firmemente servíu durante toda a súa vida.
A capela ardente abríuse na Igrexa Parroquial de Begonte hoxe luns, ás 9:30 da mañá.
Ás 20:00 h. do luns, na igrexa parroquial de Begonte, Velatorio.
O martes, ás 16:00, Funeral na Igrexa Parroquial e, a continuación, enterro.Centro Cultural José Domínguez Guizán. Belén de Begonte.