Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aeroportos

martes, 19 de enero de 2010
O primeiro aeroporto galego é Labacolla, por tradición, por viaxeiros, por ser punto equidistante das cidades galegas. Logo están Alvedro e Peinador. E o nonnato de Rozas, na Terra Chá lucense, que parece ser o que mellores condicións orográficas podía reunir, pero tres aeroportos para unha comunidade coma a nosa xa son abondos. Sen contar o de Oporto que, polo que se ve, pola súa utilización, case habería que consideralo aeroporto galego.

A querencia polos aeroportos é, primeiro, pola facilidade que supón a conexión via aérea con todo o mundo. E logo porque son unha indubidable fonte de riqueza, aínda que noticias recentes veñan poñer en cuestión esta posibilidade.

Inexplicablemente, os tres aeroportos galegos perderon en 2009 máis de vinteun millóns de euros. E o de Barajas, 300. En total, os aeroportos hispanos perderon máis de catrocentos trinta millóns de euros, a pesar de que son auténticas fábricas de xenerar beneficios desde as taxas ás compañías ós restaurantes, cafeterías, comercios, aparcamentos... Todo nun aeroporto está pensado para gañar diñeiro. E ó final pérdeno en cantidades multimillonarias.

Cabeza de turco nesta ocasión son os controladores, con soldos escandalosamente abusivos baseados na súa especial responsabilidade. Pero ningún estamento laboral pode ocasionar tamaños desfases económicos, só achacables a unha mala xestión ou planteamento de negocio.

A solución para o Ministerio de Fomento é suprimir controladores automatizando o servizo en aeroportos con pouco movemento. Líbrenos Deus dun accidente achacable ó sistema, que un fallo humano pode comprenderse pero un fallo do sistema nunca será admitido.

Estas macroinstalacións utilizadas por millóns de persoas cada ano, que aportan óbolos de moi elevado importe, esixen racionalidade e administración responsable. Tal como están planteadas, ou teñen superavit ou non se comprende, e ninguén entenderá que o diñeiro de todos a través das arcas públicas teña que acudir a socorrer a instalacións que exprimen ós seus usuarios dun xeito tan radical.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania