Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 10 de noviembre de 2026
Matar o tempo

Apertei o paso. Ata daquela ía amodiño, pero xa sabía que, cando ando amodo, canso máis e antes. E eu o que quería era matar o tempo. Así que decidín acelerar a andaina, como se tivese algún sitio ó que chegar ou algo que facer.
Pingas de Orballo Non tardei moito en parar. Chegara a un cruzamento de catro camiños e, de súpeto, asaltáronme as dúbidas: por cal debía coller? Como a decisión non parecía doada, sentei a pensar. Empecei a analizar as distintas posibilidades, buscando razóns para escoller un camiño ou outro. Pero, cada vez que me inclinaba por algún, aparecía un argumento que me facía cambiar de opinión. Aínda que non tiña ningunha présa, comecei a poñerme nervioso. Era normal: estaba perdendo o tempo en case trapalladas. E non esquezamos que eu saíra precisamente para matalo.
Medio desesperado, decidín deixar a elección en mans do azar. Pensei en ir eliminando os camiños a cara ou cruz. Collín os dous da esquerda, lancei ó aire unha moeda de dous euros e... caeu de canto. Volvín lanzala e, para o meu asombro, caeu outra vez de canto. Quedei mirando para a moeda sen dar creto. Empecei a pensar que me vira o demo ou que, cando menos, algo raro estaba pasando.
Como non estaba disposto a renderme, ocorréuseme outro sistema: mirar o último número das matrículas dos coches que pasasen. Do 1 ó 4. Segundo fosen aparecendo, eliminaría o camiño correspondente, empezando polo da esquerda. Ó final, cando só quedase un, ese sería o que collería. Parecíame un método tan razoable como calquera outro. Só había que esperar.
Levo dúas horas esperando e aínda non pasou ningún coche. Definitivamente, viume o demo. Volvín por onde viñera e, agora mesmo, en vez de apertar o paso, botei a correr. Había que recuperar o tempo perdido... aínda que, xa nin sei se o matara antes ou se fora el quen acabara comigo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES