Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No se cede la pareja

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 19 de noviembre de 2026
Cando hoxe se fala da igualdade entre o home e a muller, compre dicir que nos tempos que corren, agora é un camiño de rosas en comparanza de tempos pasados.
A pesar de que coido que Galicia é unha sociedade matriarcal, e onde a muller sempre tivo un papel destacado e elemental, sei de fixo que nalgunhas cousas quedan quilómetros por andar, pero andarémolos.
No se cede la pareja Recordo sendo eu neno de ir con meus pais a algunhas casas, no só de Foz, se non tamén nas de outros lugares, e na conversa coa familia desa casa, eu escoitaba estrañado como o dono da casa para falar da súa muller, dicía "a miña compañeira". A min soábame estraño como digo, porque normalmente sempre dicían "a miña muller", pero hoxe en día, vexo que a palabra "compañeira", é moito máis bonita e agarimosa que a de "a miña muller", que da a sensación que é algo da túa propiedade.
Tamén lembro perfectamente, cando nalgunha casa xurdían discusións familiares e sobre todo entre o marido e os fillos varóns, cando a cousa ía ou parecía ir a maiores, a señora da casa daba un berro e mandaba calar, todos obedecían e incluso a muller case sempre tiña a última palabra e razoamento.
Pero volvendo a mirada para atrás, para outros tempos máis difíciles, vouvos contar algo moi curioso que pasaba nos salóns de baile cando os mozos e mozas ían a bailar. Lede paseniño, porque non é fácil de entender.
Veredes: Cando as mozas chegaban ao salón de baile, sentábanse nos bancos laterais á espera de que algún rapaz as invitara a bailar. Una vez que iso acontecía, estando a rapaza bailando cun rapaz, se viña un segundo rapaz, podía acercárselles, e dirixíndose ao mozo que en ese momento era a parella de baile da rapaza, dicíalle "permítesme?", e obrigatoriamente tiña que cederlle á rapaza, pero a norma non permitía volvela a recuperar o mesmo rapaz, sen que antes un terceiro rapaz lla tiña que quitar a quen con ela estaba bailando. Así despois dun terceiro, o primeiro rapaz que a sacara a bailar, podía recuperala.
Se a rapaza se negaba a ese cambio de parella, estaba obrigada a irse sentar todo o tempo que durara esa peza musical, aínda que nalgunhas zonas de Galicia, non era a duración desa peza, se non a duración de cinco pezas ou toda a noite.
Esta costume erradicouse despois da guerra civil española e en tódolos salóns de baile existía un letreiro ben visible que poñía "NO SE CEDE PAREJA". Desa norma estaban exentas as parellas recoñecidas como noivos ou casados.
Na foto que vos poño, vese perfectamente como pon nunha parece dun baile, NO SE CEDE PAREJA, letreiro como digo, obrigatorio poñelo despois da guerra civil española. Esa foto fíxena no baile de Benito en Vilarone, onde aínda nas paredes se conservan os tres letreiros "No se cede pareja", "Reservado el derecho de admisión" e "Cabida de personas 240".
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES