Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Se me puxese a predicar... (3)

Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 18 de noviembre de 2026
A medida que se achegaba o tempo da promesa que Deus lle fixera a Abraham o pobo medrou e inzou en Exipto, ata que subiu ó trono de Exipto outro rei, que non coñecía a José. Obrando raposeiramente contra a nosa xente, maltratou a nosos pais, facéndolles abandona-los seus picariños para que non vivisen.

Nese tempo naceu Moisés, que atopou gracia diante de Deus. Criárono durante tres meses na casa do pai; e, cando o abandonaron, recolleuno a filla do Faraón e criouno coma se fose fillo dela. Moisés educouse en toda a ciencia dos exipcios, e era poderoso en palabras e mais en obras. Cando ía nos corenta anos, veulle o desexo de visita-los seus irmáns, os israelitas. Vendo un que estaban maltratando, tomou a súa defensa, matou ó exipcio, vingou ó oprimido. Coidaba el que seus irmáns entenderían que pola súa man Deus lles ofrecía a salvación; pero non entenderon. Para o outro día presentouse cando uns estaban a berrar e tratou de os poñer a ben, dicíndolles: "¡Sodes irmáns! ¿Por que pelexades un co outro?". Pero o que ofendía ó seu próximo refugouno dicindo: "¿Quen te nomeou a ti xefe e xuíz noso? ¿Quéresme matar a min, como mataches onte ó exipcio?". Cando tal sentiu, escapou e viviu como estranxeiro na terra de Madián, onde tivo dous fillos.

Logo de corenta anos, aparecéuselle un anxo no deserto do monte Sinaí, na lapa do lume dunha silveira. Moisés, vendo isto, ficou admirado coa aparición. Ó se achegar para ver, sentiuse a voz do Señor: “Eu son o Deus de teus pais, o Deus de Abraham, de Isaac, e de Xacob. Pero Moisés, arrepiado, non ousaba mirar. E díxolle o Señor: “Quita os zapatos dos teus pés, porque o lugar onde estás é terra santa; vin a aflición do meu pobo en Exipto, escoitei os seus laios e baixei para liberalos. Ven logo aquí, que te vou mandar a Exipto”.

A este Moisés, de quen renegaran dicindo: "¿Quen te constituíu xefe e xuíz?", foi a quen Deus mandou como xefe e liberador pola man do anxo, que se lle aparecera na silveira. Foi el quen o fixo saír, obrando prodixios e sinais na terra de Exipto, no mar Vermello e no deserto, durante corenta anos. Foi este Moisés quen lles dixo ós fillos de Israel: "Deus fará xurdir un profeta coma min de entre os vosos irmáns". Foi el quen na asemblea do deserto estivo como mediador entre o anxo que lle falaba no monte Sinaí e os nosos pais; el quen recibiu palabras de vida para nolas transmitir. Foi el a quen nosos pais non quixeron obedecer senón que o refugaron e no seu corazón volvéronse a Exipto, dicíndolle a Aharón: "Fainos deuses que vaian diante de nós, pois non sabemos que foi deste Moisés, que nos quitou da terra de Exipto".

Naqueles días fabricaran un becerro, ofreceran un sacrificio ó ídolo, e festexaran a obra das súas mans. Pero Deus volvéulle-las costas, e entregounos ó culto dos astros, como está escrito no libro dos profetas: "¿Seica me ofrecestes vítimas e sacrificios durante corenta anos no deserto, casa de Israel? Leváste-la tenda de Molok e a estrela do Deus Refán (imaxes que vós fixestes), para adoralas. ¡Pois eu deportareivos alén de Babilonia!

Os nosos pais tiñan no deserto a tenda da Alianza, como ordenara aquel que lle dixo a Moisés que a fixese conforme ó modelo que vira. Os nosos pais recibírona en herdanza e, con Xosué á fronte, introducírona na terra dos pagáns, que Deus expulsou diante deles. Así foi ata os días de David, que achou gracia diante de Deus e que lle pediu permiso para facerlle unha morada ó Deus de Xacob. Con todo, foi Salomón quen lla construíu. Anque o Altísimo non habita en edificios feitos por mans de home, como di o profeta: "O Ceo é o meu trono e a terra o estrado dos meus pés: ¿que casa me construiredes, di o Señor, ou que sitio para o meu repouso?¿Non foi a miña man a que fixo todo isto?

¡Duros de testa e incircuncisos de corazón e oídos! ¡Vós sempre resistides ó Espírito Santo! Sodes coma vosos pais. ¿A que profeta non perseguiron vosos pais? Mataron ós que anunciaron por adiantado a vinda do Xusto, do que vós agora vos fixestes traidores e asasinos: ¡vós que recibíste-la Lei por mandado dos anxos e non a gardastes!
-.-

Do libro "Surcando el Miño", do Cura Valiño, de Montecubeiro.

Al Patrono San Esteban


La Iglesia muy bien supo
a cada parroquia dar
un patrono o titular
que vele por sus vasallos
en el campo y el hogar.

También a la de la Mota,
que mirando está al Miño,
le asignó un patrono
que no es viejo ni es niño.
Es un joven bien nacido
con su frente muy erguida
y mirada tan modesta
que a todos edifica.
De Diciembre el veintiséis
es su fiesta religiosa,
a poco no coincidió
con otra la más grandiosa.
Por eso los de la Mota
le amamos con delirio,
fue el primero que logró
la gran palma del martirio.

A dicho patrono ruego
cada vez que arriba miro,
que tienda a todos, todos,
la palma del patrocinio.
Hagamos votos al Cielo,
forasteros y paisanos,
no olvide ricos ni pobres
ni tampoco a los medianos.


(Ilustre Valiño, comprendo que non podías ter, abarcar, tódalas ideas, tódalas lembranzas, asemade, xuntas, no intre do teu recitado, da túa plegaria, pero agora que estás Arriba, e non me deixarás mentir, lémbroche que ao Santo Estevo tamén estivo dedicado un eremitorio do noso Montecubeiro, o primeiro dos nosos conventos, sito nun rego que baixa ao Azúmara, entre Veiga e Maxide. Ti, nas alturas, poderás velo, pero o resto dos mortais xa non, porque o achaiou unha pá sacrílega, daquelas da Concentración Parcelaria. A culpa non foi da pá senón dos controladores, ou de quen por alí andivese, daquela, que non lles advertiu que achaiaban en sagrado).

Sigue o noso Valiño, o da outra Valga:

En tierra leonesa

Terreno villafeilíno,
mal hecho, como de encarga,
si te falta la castaña
ya puedes cultivar vino.
Eres un viejo collar
en que abundan los diamantes,
topacios y otros brillantes;
para quien apreciar sepa,
eres flor sin marchitar.
Y tus cristalinas aguas
fuente de la Redondela
desarrolla fresca hierba.
¡Oh paisaje tan hermoso,
que mirando está los jardines
allá de Sotogayoso.
Dando vuelta por Verjeo,
limítrofe con Pandelo
éste sí que es rico suelo,
¡oh tierra tan venturosa,
de Villafranca del Bierzo!
Un poco más adelante,
siguiendo el camino real,
se encuentra la rectoral
con su escalan que era huerta,
para frutas delirante.
Y un poquito más abajo,
sin perder la misma vía,
se tropieza con la iglesia,
de construcción muy antigua.
En ella un bendito Cristo
siempre por mi adorado;
tomé, pues, por un milagro
el buen favor que me hizo
un día determinado.
Corazones afligidos
encomendaos a El
que es más dulce que la miel
y a quien convertirse quiera
pone en calma sus gemidos.
En el atrio un árbol hay
lo cual resulta un portento,
cuenta unas tres centurias,
que en Galicia y en Asturias
no hay tejo más corpulento.


(¿Pero, de quen es, amigo Valiño, de Santiago ou de Prisciliano? ¡Ámbolos dous amaron esta terra, e non foi ningún milagre en ti, senón unha proba do teu bo criterio! Apelidáronte Valiño, e quedáronse curtos, pois ti, evidenciado tes, que do Val Grande es, do maiúsculo! Por bo vate que foses, de verbo fácil e preclaro, como aquí demostrado deixas, meu Cura Valiño, dos Valiño do Fato, os teus lectores temos que tirar a conclusión de que uns encomios tan abertos e rotundos como dedicaches ás túas parroquias, obviamente evidencian que as pastoreaches ben, e de paso, que elas, todas, a porfía, foron unha grea agradecida, xa que boas lembranzas che deixaron. ¡Está claro que fuches un Cura cura penas, que tamén isto dos bos pastores se espera!)
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES