
O gaiteiro de Xoán Vila está chamado a quedarse nese mesmo sitio onde agora está porque semella feito para o efecto, deixándonos sen folgo no noso fol ao ver unha figura nosa na dimensión histórica que nos define desde "O Gaiteiro de Lugo" que era o calendario de Manuel Soto Freire polo que pasaron Filgueira Valverde e Noriega Varela até este novo Gaiteiro de Lugo, chamado ALENTO que dignifica e lembra os símbolos culturais da nosa Galiza que pode afirmar e firmar unha xota, muiñeira ou alborada baixo o amparo de Alfonso X "O Sabio" nas súas "Cantigas" e nas nosas festas do outono galego, que é cando comezan a caerlles as follas ás árbores ao esmorecer e ao alborear as calendas de outubro.