Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alento (3)

Otero Canto, Xosé - viernes, 06 de noviembre de 2026
Alento (3)
O gaiteiro de Xoán Vila, alcumado ALENTO, pode deixarnos sen alento ao velo como emerxe do chan, como se fose unha creación da terra, como se unha planta saíse do humus ancestral e medrase entre as rúas semellando un castiñeiro centenario convertido en gaiteiro apertando o fol, hierático, frontal, grandioso, tan só os seus ollos estraños nos están falando porque o resto é embeleso da gaita comungando coa música, absorto a todo o que pasa ao seu lado, completamente concentrado e illado nos seus adentros, entregado á súa tarefa cos sentidos suspendidos diante do extraordinario da súa música como se as notas o observasen nunha abstracción cósmica e lendaria de acenos medievais e figurativos de gaiteiro labrego coa súa pucha moura que se redondea na rotonda incerta e imaxinativa da Praza da Horta do Seminario.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES