Clamé al cielo y no me oyó
Editorial - lunes, 18 de enero de 2010
A traxedia de Haití préstase para que cada quen acomode as súas crenzas e disposicións vitais ás durísimas realidades do contorno, comprobando que a vida segue aínda despois de que as forzas desatadas da natureza se abatiran sobre os máis pobres dos pobres do mundo.
Hai quen dubida da actuación divina e da mesma existencia de Deus diante dunha catástrofe así, con todos os cabalos da Apocalipse gallopando por riba dos miseros haitianos. E hai un bispo grande ocasión para o silencio que opina que moito máis traxedia que a de Haití é a da nosa miseria interior, polas evidentes carencias espirituais coas que nos adornamos.
Non é momento para uns nin outros. Nin para os que dubidan da existencia dun Deus presuntamente despiadado cos humanos, nin para o que lonxe do mundo, e polo tanto lonxe de Deus- fai expresa confesión de ignorancia. É momento para a axuda, para a comprensión, para relativizar as nosas carencias ó comprobar que somos privilexiados nun mundo de problemas.
Parece, efectivamente, seguindo ó clásico que por moito que ó ceo clamemos imos atopar as portas pechadas. E que, como o verso pide, ya que las puertas me cierra, responda el cielo y no yo de todo o que aquí acontece.
Haití evidencia ter sufrido antes, agora e sempre o abandono de todos. Posiblemente sexa o momento, despois da súa maior traxedia, de telo en conta de agora en diante, para que Haití e haitianos- poida aprender a vivir. Aínda que o ceo non escoite.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora