Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (19)

Gómez Vilabella, Xosé M. - jueves, 12 de noviembre de 2026
Despois diso, cando xa se ían os nenos, a señora Emilia retívoos para dicirnos:
Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (19)
- "Rapaces, eu non son mestra, que aquí, o mestre, é o señor José María, pero algo tamén vos podo ensinar, e dígovolo diante do Neno Xesús, que é coma un xuramento: O noso deber, un deber que vos pido non esquezades, así vos vexades nun país de incrédulos, é que non chega con ser crentes, hai que ser cribles! Para ser cribles, só hai unha receita: Ser tan boas persoas como podan ser os mellores, que esa foi lección que nos deixou Xesús, cando veu a este mundo para redimirnos das consecuencias do pecado orixinal...".

Meu pai aplaudiuna, e os nenos imitámolo. ¡Se aquela Emilia e mailo seu fillo non están no Ceo, cando eu chegue Aló, e pregunte por ela, vou pedir que me devolvan á terra, así sexa reencarnado nun guepardo, porque será signo de que Aló Arriba son peores, e máis burros, có Director daquel Seminario de Lugo, aquel que firmou a expulsión daquel seminarista!

Volvemos de noite, tan só para deixarme na casa, pois ao día seguinte, esta vez a pé, meu pai, aquel "Mestre de a ferrado", tornou á súa escola, tornou a pasa-la Serra, e ben que o merecían aqueles nenos, tan educados que se vían, e que, como tales, se comportaban.

-.-

Con meus avós, ou, da terra ao Ceo (19) Do ano seguinte, 1936, como foi un Annus horribilis, para contar calamidades prefiro calar; que o faga o propio don Hermenegildo, se o deixan saír, ou os seus herdeiros, xa que a Historia cóntana os vencedores, e el tíñase por tal. ¡Que se confese, el e mailos seus, que se deixe de palios e de paliativos, que o faga de verdade, con sinceridade, pois aínda que Deus lle perdoase, aos españois con dous dedos de fronte vailles custar esquecer aqueles fusilamentos, 15 no meu Montecubeiro! E meu pai, que non fixo o número 15 porque se escondeu, porque ía durmir a unha pedreira, precisamente, exactamente, onde fixen unha casiña, en lembranza, en veneración súa; del, pero tamén de miña nai e de meus avós, tanto que os fixo sufrir aquel ilegal, estúpido, Alzamento: meu pai e meu tío perseguidos á morte, inxustamente; e os parentes de Madrid, que tanto nos estimulaban, valían e apoiaban, estaban separados por unha barreira de trincheiras, canoneadas sen parar, día tras día, mes tras mes, e ano tras ano, coas esperanzas daqueles reencontros anuais esfumadas! Todo isto aínda non foi ben explicado porque morreron aqueles que o padeceron; fóronse antes de que os deixasen falar, queixarse, mostrar as súas feridas! ¿Alzáronse sen motivo, e para iso con crueldade, non si? ¡Pois que os abaixe a Historia, pois eu non penso ser cómplice dun fariseísmo criminal!

-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES